[30-11-2011] A aula de informática do Milladoiro acolle este martes, dende as 9:30 h ata as 13:30 horas, un curso de busca de emprego. Este obradoiro está dirixido a mulleres inmigrantes extracomunitarias que residen no territorio municipal de Ames e que están nestes momento sen emprego. A través deste obradoiro fórmase a estas persoas para que saiban que técnicas teñen que empregar na busca de emprego. Nesta xornada formativa, que ten unha duración de catro horas, participan un total de 15 mulleres inmigrantes extracomunitarias. Para o vindeiro luns, 5 de decembro, está previsto que se realice unha segunda xornada formativa para coñecer as técnicas de busca de emprego a través da internet. Este curso tamén está dirixido á poboación inmigrante do concello. Estes cursos sáenlle gratis ao Concello de Ames xa que son financiados pola Xunta de Galicia.
A poboación inmigrante empadroada no Concello de Ames multiplicouse por dez durante a última década. Deste xeito, reflíctese unha realidade social que está en continuo movemento e na que se contempla a diversidade étnica, cultural e lingüística dun novo marco de convivencia. Cunha sociedade cada vez máis diversa e complexa é necesario conseguir unha convivencia intercultural en todos os ámbitos da vida. Co obxectivo de contribuír a integración da poboación inmigrante que reside no territorio municipal de Ames organizouse o obradoiro "Formación en busca de emprego: traballar aquí".
Este obradoiro desenvolveuse este martes 29 de novembro na aula de informática do Milladoiro, en horario de mañá, dende as 9:30 h ata as 13:30 horas. O curso estivo dirixido a mulleres inmigrantes extracomunitarias que residen en Ames e que están nestes momento sen emprego. A través deste obradoiro fórmanse estas mulleres para que coñezan as diferentes técnicas que teñen que empregar na busca de emprego. Nesta iniciativa formativa, que ten un duración de catro horas, participan un total de 15 mulleres inmigrantes extracomunitarias.
Para o vindeiro luns, 5 de decembro, está previsto que se realice unha segunda xornada formativa para coñecer as técnicas de busca de emprego a través da internet. Este curso tamén está dirixido á poboación inmigrante do concello (homes e mulleres inmigrantes extracomunitarios e comunitarios). Este curso desenvolverase tamén na aula de informática do Milladoiro, e co mesmo horario, de 9:30 h a 13:30 horas. Neste curso participarán 10 persoas. Estas accións formativas sáenlle gratis ao Concello de Ames xa que son financiadas pola Xunta de Galicia.






