Pestanas principais

A Aula da Natureza recomenda o monte San Marcos como o lugar idóneo para a observación da chuvia de Perseidas

Xoves, 09 de agosto de 2012

[09-08-2012] A Aula da Natureza do Concello de Ames fai unha serie de recomendacións para que os cidadáns amienses poidan gozar da contemplación da chuvia das Perseidas, un fenómeno astrolóxico coñecido tamén como Bágoas de San Lourenzo e que nestes días ten o seu máximo apoxeo. Desde a Aula da Natureza, destacase que no municipio amiense considerase un lugar privilexiado para estas observacións o monte de San Marcos e que o fenómeno terá máis intensidade nas noites do 11 ao 12 e do 12 ao 13 de agosto.

O fenómeno da Chuvia das Perseidas comeza o 16 de xullo e remata o 26 de agosto, tendo unhas xornadas de maior intensidade, que neste 2012 coinciden coas noites do 11 ao 12 e do 12 ao 13 de agosto. Nestes dous días hai unha previsión de 150 estrelas fugaces, o que supón máis de dúas por minuto.

A Aula da Natureza do Concello de Ames recorda que ante a previsión dunha observación astronómica sempre hai que ter en conta o estado da lúa, a hora de saída da mesma e a previsión metrolóxica. A fase minguante na que se atopará a lúa os vindeiros 11, 12 e 13 de agosto, fai que este ano sexa especialmente propicio para desfrutar do espectáculo das Perseidas. A isto únese que a saída da lúa será as 02:00 da mañá, polo que a súa luz opacará moi pouco a observación. O que non parece acompañar tanto é a previsión meteorolóxica, xa que tanto a noite do sábado coma a do domingo haberá ceos anubrados, polo que podería ser aconsellable adiantar a observación á noite do venres.

Os responsables deste departamento tamén fan fincapé en que o factor fundamental a ter en conta para as observacións astronómicas é atopar un lugar o mais escuro posible e afastado de focos de contaminación lumínica e canto mais horizonte se teña, mellor será a observación. Deste xeito, no municipio amiense considerase un lugar privilexiado o monte de San Marcos. da da mesma e a previsi

Os responsables deste departamento tamé
 
Aínda que se poderán ver as estrelas practicamente en todo o ceo, o máis aconsellable é orientarse cara ao norte-noreste, xa que nesa dirección é onde se atopa estes días a constel


Contido relacionado


El Correo Gallego: A Aula da Natureza recomenda o monte San Marcos como o lugar idóneo do municipio para a observación da chuvia de Perseidas
La Voz de Galicia: El Monte de San Marcos, mejor lugar para disfrutar de las Perseidas en Ames