[05-12-2018] A Aula da Natureza de Ames organiza para este sábado, 8 de decembro, a terceira e última saída micolóxica das tres programadas para este outono. As persoas que se inscriban deberán estar ás 10.00h diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e as 10.15h na Casa da Cultura do Milladoiro. A saída para recoller cogomelos farase polo porto da Gañidoira, no concello de Muras. Con esta saída finalizan as actividades de achegamento ao mundo dos cogomelos. É necesario inscribirse antes das 14.00 horas deste venres.
Seguindo co ciclo micolóxico, organizado para este outono pola Aula da Natureza de Ames, este sábado realizarase a terceira e última saída micolóxica da tempada. Neste caso farase unha saída polo porto da Gañidoira, no concello de Muras. As persoas que se inscriban deberán estar ás 10.00h diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e as 10.15h na Casa da Cultura do Milladoiro.
Cada saída micolóxica conta con 45 prazas dispoñibles, polo que é preciso anotarse previamente, enviando o formulario de inscrición –que se pode atopar baixo o apartado de descargas desta nova– ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata este venres, 7 de novembro, ás 14:00 horas. Para obter máis información sobre esta xornada micolóxica pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65, en horario de 9:00h a 14:00 horas.
Contido relacionado
Lindeiros: "Saída micolóxica da Aula da Natureza de Ames"
Compostela 24 horas: "A Aula da Natureza realiza este sábado, 8 de decembro, a súa terceira saída micolóxica do outono"