Pestanas principais

A Aula da Natureza organiza un programa de obradoiro sobre os traballos de horta en primavera

Xoves, 12 de abril de 2012

[12-04-2012] A Concellaría de Medio ambiente, a través da Aula da Natureza, organiza o programa de obradoiros “Chocolate na horta”, que está dirixido a todos os públicos. Este programa de actividades desenvolverase en catro sábados dos meses de abril, maio e xuño. A través destes obradoiros a Aula da Natureza dará a coñecer os diferentes traballos de horta que se poden desenvolver en primavera. O primeiro obradoiro realizarase o vindeiro sábado, 21 de abril, para coñecer os traballos que hai que realizar para preparar e fertilizar a terra. As persoas interesadas deberán anotarse chamando ao teléfono da Aula da Natureza 660 004 665, á concellaría de Medio Ambiente 662 377 544 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org. Posteriormente, o sábado 28 de abril explicaranse as nocións básicas para sementar, mentres que o sábado 12 de maio coñeceranse as medidas que hai que poñer en práctica para coidar a terra e as plantas para que non sufran pragas. O último obradoiro terá lugar o sábado 16 de xuño sobre a rega e a colleita. Os obradoiro desenvolveranse en horario de mañá, entre as 10:30 e as 13:30 horas. A media mañá farase un pequeno descanso para repoñer forzas cun chocolate quente.

Obradoiro sobre a sementeira

O segundo obradoiro desenvolverase o sábado 28 de abril. Nesta actividade explicáraselle aos participantes as nocións básicas para sementar, o importante papel dos insectos na polinización, os tipos de sementeiras e os marcos de plantación. Farase a sementeira de pequenas plantas de forma directa na terra e prepararase o semilleiro. Os participantes traballarán cunha variedade de cultivos propios da primavera diferenciándoos dos cultivos de outono. Tamén se lle explicará o beneficio da asociación de cultivos para previr pragas e a rotación de cultivos para que a terra non sufra escaseza de nutrientes. Algúns dos cultivos que se plantarán son leituga, fresa, pimento ou cabaciña, entre outros.

No terceiro obradoiro, que se realizará o 12 de maio, tratará sobre o coidado e a prevención de pragas. Os participantes coñecerán diferentes preparados naturais que axudan a combater as pragas, así como a evitar que medren herbas non desexadas. Deste xeito, prepararán diversos produtos como a infusión de estruga que axuda a combater as pulgas, a cola de cabalo para curar enfermidades nas plantas por pragas ou a infusión de lavanda que actúa como repelente de insectos.

O cuarto e último obradoiro desenvolverase o 16 de xuño. Nesta actividade os usuarios/as coñecerán os distintos mecanismos que se empregan na rega e diferentes cuestións que hai que ter en conta na colleita. Primeiro falaráselle dos cultivos de secaño e de regadío para que saiban diferencialos. Tamén se lle explicará que na actualidade é moi importante optar por sistemas de rega eficaces e que aforren a maior cantidade posible de auga. Neste obradoiro vaise comprar a eficacia que teñen distintos sistemas de rega como son os aspersores, o goteo, a rega directa ou a rega por marcaxe. A segunda parte do obradoiro consistirá en realizar a colleita dos produtos que medraron na horta, para despois facer unha degustación culinaria coas froitas e hortalizas cultivadas anteriormente.


A Aula da Natureza de Ameixenda acollerá o programa de actividades Chocolate na horta, que se impartirá en catro sesións ao longo dos meses abril, maio e xuño. Así, o sábado 21 de abril, ás 10:30 horas, o obradoiro comezará coa actividade Preparación e fertilización e continuará o sábado 28, tamén as 10:30 horas, coa Sementeira. Xa en maio, o sábado 12, a Aula da Natureza acollerá a sesión Coidado e protección de xeito natural contra as pragas. O obradoiro rematará o sábado 16 de xuño coa Rega e recolleita.

Os catro obradoiros que se van desenvolver seguirán unha mesma dinámica de traballo. Na primeira parte trátanse os conceptos teóricos. Os participantes asistirán a unha charla no interior do edificio da Aula da Natureza para explicarlles os traballos que se van a realizar en cada unha das sesións. No primeiro obradoiro falarase dos apeiros de labranza (para que serven, como se empregan...), do deseño en xeral da horta en primavera e dos diferentes tipos de terra. Tamén se explicarán as pautas de traballo que hai que seguir para osixenar, renovar e fertilizar a terra. Sempre se incide en que as miñocas colaboran na osixenación da terra xa que atravesan varias capas de terra ata saír ao exterior e despois volven a meterse na terra.

A segunda parte é eminentemente práctica e desenvolverase na horta da Aula da Natureza. No primeiro obradoiro vaise limpar e sacar as malas herbas que hai na terra. Tamén se vai angazar, sachar para formar os bancais e fertilizar a terra. A fertilización realizarase con compost da Serra Mancomunidade Serra do Barbanza. Os obradoiro desenvolveranse en horario de mañá, entre as 10:30 e as 13:30 horas. Aínda que os obradoiros comezan ás 10:30 horas as persoas que non poidan chegar a esta hora pode incorporarse máis tarde. A media mañá farase un pequeno descanso para repoñer forzas cun chocolate quente.

As persoas interesadas deberán anotarse chamando ao teléfono da Aula da Natureza 660 004 665, á concellaría de Medio Ambiente 662 377 544 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org. O prazo de inscrición para o primeiro obradoiro remata o venres día 20 de xaneiro ás 14:00 horas. A actividade será totalmente gratuíta.