Pestanas principais

A Aula da Natureza organiza un obradoiro sobre os trebellos de vapor para o sábado 16 de marzo

Venres, 08 de marzo de 2013

[08-03-2013] A concellería de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, organizou para o sábado 16 de marzo un obradoiro denominado “Expeciencia”. Trátase dun ciclo de obradoiros nos que os nenos e nenas de 6 a 14 anos poderán traballar con inventos que tiveron unha alta repercusión nas nosas vidas. Neste primeiro obradoiro, traballarase e falarase das primeiras máquinas de vapor e a súa consecuencia na primeira revolución industrial. Ademais, os participantes elaborarán un pequeno barco de vapor. A media mañá farase un descanso para tomar un chocolate quente. Para inscribirse hai que chamar ao número de teléfono 660 004 665. Tamén se pode enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org ou medioambiente@concellodeames.org.

O programa de obradoiros Expeciencia é unha mestura entre coñecemento e investigación. A través destes obradoiros preténdese que os nenos e nenas coñezan a importancia da investigación para conseguir avances que repercuten na mellora de toda a sociedade. Deste xeito, abordarase o descubrimento das máquinas de vapor, da penicilina ou dos aeroplanos. Este ciclo de obradoiros comeza o sábado 16 de marzo cunha actividades denominada trebellos de vapor.

Este primeiro obradoiro, que se desenvolverá na sede da Aula da Natureza situada na Ameixenda, está dirixido aos nenos e nenas de 6 a 14 anos. O obradoiro será impartido pola coordinadora da Aula da Natureza que lle falará aos rapaces e rapazas das primeiras máquinas de vapor e a súa consecuencia na primeira revolución industrial. Ademais, os participantes elaborarán un pequeno barco de vapor. No descanso do obradoiro haberá tempo para tomar un chocolate quente para que todos os asistentes poidan repoñer forzas e seguir traballando na elaboración do barco de vapor.

Para este obradoiro ofértanse un total de 30 prazas. As persoas interesadas deberán anotarse chamando ao teléfono da Aula da Natureza 660 004 665 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org. Tamén se poden inscribir na concellaría de Medio Ambiente enviando un correo electrónico ao enderezo medioambiente@concellodeames.org. O prazo de inscrición remata o venres 15 de marzo ás 14:00 horas. A actividade será totalmente gratuíta.