[20-05-2013] Esta semana haberá un obradoiro de cunchas na Aula da Natureza. Será o sábado 25, en horario de mañá, de 11:00 h a 13:30 horas. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas que teñan entre 6 e 14 anos. Para realizar as inscricións ou ampliar calquera outra información deste obradoiro poden poñerse en contacto co Concello de Ames a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número 660 004 665 ou a través do correo electrónico medioambiente@concellodeames.org e do número de teléfono 662 377 544.
A programación da área de medio ambiente correspondente á época de Primavera inclúe un obradoiro de cunchas, que será impartido pola técnica responsable da Aula da Natureza. Esta actividade está programada para este sábado, 25 de maio, en horario de 11:00 h a 13:30 horas, na sede da Aula da Natureza, que está situada no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia da Ameixenda. Neste obradoiro, os nenos e nenas poderán coñecer os diferentes tipos de cunchas que se poden ver cando das un paseo pola praia coa marea baixa.
Os rapaces e rapazas que participen neste obradoiro poderán coñecer as diferentes clases de cunchas e restos mariños que chegan á praia coa marea baixa (coiraza e patas de cangrexo, ourizos, etc.). Primeiro, farase unha clasificación das cunchas e dos restos mariños en grandes grupos. Deste xeito, agruparanse segundo pertenzan ao grupo de equinodermo, crustáceos, moluscos e dentro deste último diferenciarase entre bivalvos, gasterópodos e cefalópodos. A continuación, os participantes coñecerán o nome das cunchas e dos restos mariños cos que traballen e saberán cales son comestibles. Ademais, falarase do sistema de extracción das cunchas comestibles e dos/as mariscadores/as.
Cada participante debe levar unha pequena caixa para poder levar para a súa casa algunhas das cunchas que previamente se clasificaron. Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas que teñan entre 6 e 14 anos. Ofértanse un total de 50 prazas para este obradoiro. Para realizar o obradoiro terá que haber inscritos un mínimo de 10 nenos/as. As inscricións haberá que facelas antes das 14:00 horas do vindeiro venres, 24 de maio, a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número 660 004 665 ou a través do correo electrónico medioambiente@concellodeames.org e do número de teléfono 662 377 544.




