Pestanas principais

A Aula da Natureza organiza o 3 de febreiro un obradoiro de máscaras de Entroido

Martes, 30 de xaneiro de 2024

A Aula da Natureza organiza o vindeiro sábado, 3 de febreiro, un obradoiro de creación da máscaras de Entroido con materiais naturais. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 17:30 horas nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda).  Para inscribirse é preciso enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal, antes do venres 2 de febreiro ás 14:00 horas.

O vindeiro sábado, 3 de febreiro, a Aula da Natureza organiza un obradoiro de creación de máscaras de Entroido con materiais naturais. A actividade está dirixida a mozos e mozas de entre 6 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 17:30 horas, polo que será necesario levar a comida da casa (a aula dispón de forno e cociña onde quentar a comida).

Pola mañá, farase unha pequena ruta para recoller materias naturais como fentos, bagas de eucalipto ou flores, que posteriormente se limparán e se porán a secar. Despois dun anaco de tempo libre, os e as participantes xantarán xuntos para, xa pola tarde, continuar coa elaboración das máscaras.

A responsable da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, comenta que “é incrible o que os nenos e nenas son capaces de crear combinando os distintos materiais, como xa vimos nas máscaras que se fixeron en anos anteriores”.

Servizo de autobús
O obradoiro contará cun servizo de autobús, que terá o seguinte horario e paradas:
Saída:
    • 10:45 horas – Casa da Cultura do Milladoiro
    • 11:00 horas – Pazo da Peregrina, Bertamiráns
    • 11:10 horas – O Lombao
Regreso:
    • O Lombao – 17:40 horas
    • Pazo da Peregrina, Bertamiráns – 17:45 horas
    • Casa da Cultura do Milladoiro – 18:00 horas

Para obter máis información, pódese enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Novas relacionadas:

Ames Go: "A Aula da Natureza organiza o 3 de febreiro un obradoiro de máscaras de Entroido"

A Aula da Natureza organiza o 3 de febreiro un obradoiro de máscaras de Entroido

Multimedia

  • A Aula da Natureza organiza o 3 de febreiro un obradoiro de máscaras de Entroido
  • A Aula da Natureza organiza o 3 de febreiro un obradoiro de máscaras de Entroido
  • A Aula da Natureza organiza o 3 de febreiro un obradoiro de máscaras de Entroido