Pestanas principais

A Aula da Natureza organiza este sábado, 11 de outubro, a actividade “Estrelas e Mitoloxía”

Xoves, 09 de outubro de 2025

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organiza para este sábado, 11 de outubro, a actividade “Estrelas e Mitoloxía”. A través desta xornada os participantes poderán observar as constelacións de Andrómeda, Casiopea, Pegaso e Perseo entre outros obxectos celestes moi interesantes. Non é necesario inscribirse. As persoas que estean interesadas en participar nesta actividade teñen que estar no Bosque do Peregrino, situado no lugar de Ventosa, na parroquia de Covas, ás 20.30 horas. Esta sesión de astronomía terá unha duración de dúas horas, ata ás 22.30 horas. Recoméndase levar roupa cómoda.

Na actividade “Estrelas e Mitoloxía” observaranse varias constelacións relacionadas coa mitoloxía e outros obxectos celestes moi interesantes. Esta actividade, que se enmarca na programación da Aula da Natureza, está organizada pola Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural.

Dita actividade realizarase o sábado, 11 de outubro, de 20.30h a 22.30 horas. As persoas participantes deberán estar ás 20.30 horas no Bosque do Peregrino, situado no lugar de Ventosa, na parroquia de Covas, ás 20.30 horas. Para participar nesta actividade non é necesario inscribirse previamente.

Na actualidade observamos o ceo con coñecementos científicos, pero tamén é necesario coñecer as lendas e mitos que hai arredor das estrelas, xa que son historias do mundo antigo narradas e contadas nun contexto cultural concreto. O outono é un bo momento para observar constelacións relacionadas coa mitoloxía grega como son Andrómeda, Casiopea, Pegaso e Perseo. Tamén se observarán outros obxectos celestes moi interesantes.

Para participar nesta actividade recoméndase levar roupa cómoda e de abrigo, unha manta ou esterilla para deitarse no chan e unha lanterna. Ademais, desde a organización poñerán a disposición dos asistentes varios telescopios. Esta actividade estará impartida e dirixida por Antón Bouzas, membro do colectivo A Rula.

Novas relacionadas: 

Diario de Santiago: "A Aula da Natureza de Ames organiza este sábado, 11 de outubro, a actividade “Estrelas e Mitoloxía”"

A Aula da Natureza organiza este sábado, 11 de outubro, a actividade “Estrelas e Mitoloxía”