Pestanas principais

A Aula da Natureza de Ames celebra esta semana unha acampada de temática espartana e un paseiño polo bosque

Martes, 23 de outubro de 2018

[23-10-2018] Este venres, 26 de outubro, a Aula da Natureza organiza unha nova acampada encadrada no programa Noites da Natureza. Dirixida a xoves de entre 12 e 16 anos, a actividade xirará en torno á temática espartana. Despois da cea, os participantes deberán resolver un misterio que se agocha no monte da Ameixenda. Tamén se organizará un paseiño polo bosque o domingo para cativos/as de 2 a 6 anos. Para participar nalgunha destas actividades é necesario inscribirse enviando o formulario –que se pode atopar baixo o apartado de descargas desta nova– ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

Tanto para participar na acampada espartana como no paseiño polo monte dos cativos, os participantes deberán inscribirse enviando a ficha que se pode atopar baixo o apartado de descargas desta nova ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. É importante cubrir todos os datos que aparecen na ficha, en especial aqueles recollidos no apartado de alerxias, enfermidades e intolerancias alimenticias.

Pódese obter máis información sobre as iniciativas organizadas pola Aula da Natureza do Concello de Ames chamando ao número de teléfono 660 00 46 65, en horario de 9:00h a 14:00 horas, ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.
A través do programa Noites na natureza, o Concello de Ames realizará diversas actividades en réxime de acampada colaborativa destinadas a distintos rangos de idade. Deste xeito, os participantes non só realizarán exercicios e xogos de temática ambiental acordes á súa idade, senón tamén tarefas comúns que faciliten a estadía, o que favorecerá a participación e implicación dentro do grupo.
O domingo 28 de outubro, a partir das 11.30 horas, a Aula da Natureza tamén organiza un paseiño polo bosque para nenas e nenos de 2 a 6 anos. Coñecedores do importante que resulta manter o contacto coa natureza dende pequenos para comprender a importancia da mesma, este paseo fomentará que os nenos/as vaian aprendendo sobre o que os rodea mentres fan amizade cos seus compañeiros.

Así, durante o paseo, os cativos e cativas percorrerán a senda dos cabaliños do demo, nos arredores da Aula da Natureza, na que verán e poderán apalpar distintos elementos naturais como follas, musgos, troncos ou pedras, entre outros, ao tempo que coñecerán algúns nomes do que se medra e habita. Para completar a actividade, os nenos tamén construirán agochos para trasnos.
Ao abeiro do programa Noites na Natureza, a Aula da Natureza de Ames organiza unha nova acampada o venres 26 e o sábado 27 de outubro. A actividade, que está dirixida a rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos, ten como obxectivo que os participantes reflexionen sobre o importante que é o medio ambiente para todos os ámbitos do ser humano, ao tempo que se divirten e descobren a natureza mediante diversas actividades.

Para chegar á Aula, onde se realizará a acampada, un autobús recollerá aos rapaces/as ás 17.30h na Casa da Cultura do Milladoiro e ás 17.45h na praza do Concello de Bertamiráns. Unha vez alí, os participantes montarán as tendas e gozarán de tempo libre para aclimatarse e realizar unha serie de xogos deportivos ata a hora da cea. A continuación, chegará a Espartan Race, unha ruta teatralizada chea de misterio e diversión polo monte da Ameixenda, durante a que deberán intentar resolver o Misterio da VII lavandeira.

Ao día seguinte, despois do almorzo, os participantes realizarán diversas probas de salto, cordas, barras de aceiro, lanzamentos, etc. Tralas actividades e unha ducha para relaxarse, tanto mozos/as como monitores prepararán xuntos unha comida medieval. Tralo banquete, e para despedir a xornada, os participantes recollerán o campamento e, arredor das 22.00 horas, regresarán as casas.

Contido relacionado


Lindeiros: "A Aula da Natureza de Ames vaise de acampada e organiza a Espartan Race "
Compostela 24 horas: "A Aula da Natureza de Ames celebra esta semana unha acampada de temática"