[08-03-2016] Durante o mes de marzo a concellaría de Medio Ambiente segue desenvolvendo a programación de inverno da Aula da Natureza. As actividades deste mes comezaron o pasado sábado, 5 de marzo, cun curso de poda de árbores froiteiras (nivel iniciación). Debido ao gran éxito que tivo esta actividade vólvese a repetir este domingo, 13 de marzo, en horario de 10:00 a 14:00 horas, nas instalacións da Aula da Natureza. Para participar neste curso é necesario inscrición previa, que se pode realizar chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.
A comezos do pasado mes púxose en marcha a programación de inverno da Aula da Natureza. En febreiro houbo cursos e charlas centrados na cestería de colmo e na oliva galega. Agora, en marzo as actividades céntranse na poda ou na robótica. Cada un dos cursos impartidos está composto por distintas actividades, podendo os e as interesados realizar tanto o bloque enteiro como acudir a algúns dos obradoiros ou charlas de forma individualizada. Cada bloque conta cunha introdución teórica seguida dunha parte práctica.
As actividades deste mes comezaron o pasado sábado, 5 de marzo, cun curso de poda de árbores froiteiras (nivel iniciación). Debido ao gran éxito que tivo esta actividade vólvese a repetir este domingo, 13 de marzo, en horario de 10:00 a 14:00 horas, nas instalacións da Aula da Natureza.
A concelleira de Medio Ambiente, Catuxa García, explica que “houbo unha gran demanda para participar no curso de poda de árbores froiteiras, quedando xente interesada fóra da lista de inscritos a semana pasada. Debido a iso decidimos repetir esta actividade esta semana para intentar que todas as persoas que desexen formarse na poda de froiteiras poidan acudir a este curso”.
Curso de poda forestal
Ademais, as actividades relacionadas coa poda continuarán este sábado, 12 de marzo, con outro curso de poda forestal. Para que se leven a cabo estas actividades deberán apuntarse un mínimo de 15 persoas en cada un, sendo 50 o número máximo de prazas ofertadas. Ambos os dous cursos serán impartidos por Alfonso Touceda, experto e profesional da poda.
Pecha a programación de inverno un obradoiro de robótica, dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, o sábado 29 de marzo. Os participantes poden escoller entre dúas quendas: a primeira de 16:30 a 18:00 horas e a segunda de 18:15 a 19:45 horas.
Para participar nestes curso é necesario inscrición previa, que se pode realizar chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.




