[31-01-2017] A Aula CeMIT, que está situada no segundo andar da Casa da Cultura de Bertamiráns, volve abrir as súas portas con novos cursos para adultos e nenos/as. Así, para as persoas maiores de 18 anos impartiranse unhas xornadas de iniciación á Internet, un curso de iniciación ao procesador de textos writer e un curso de edición de fotografías co programa de software libre GIMP. Por outra banda, para os nenos e nenas realizaranse actividades relacionadas coa elaboración de cómics e vídeos animados. A aula abre de luns a venres, en horario de mañá, de 9:45 a 13:15 horas, e de tarde, de 16:30 a 20:00 horas.
Todas as persoas que desexen inscribirse nestes cursos poderán facelo a través da web da CeMIT no seguinte link: https://cemit.xunta.es/gl/centro/9 . Para calquera dúbida pódese chamar ao teléfono 662 371 511. Por outra banda, cómpre lembrar que, sempre que non se estea realizado ningún curso, na aula CeMIT estará dispoñible o servizo de aula aberta no que se poderán utilizar os equipos libremente e baixo a titorización das encargadas deste servizo. Para máis información e inscricións hai que poñerse en contacto coas responsables da Aula CeMIT a partir do día 1 de febreiro.




