[02-07-2016] A aula CeMIT de Ames organiza no mes de xullo dous obradoiros para rapazas e rapaces de 7 a 12 anos: un de mecanografía e outro de creación de blog. As responsables da aula recordan que dende o día 1 de xullo ábrese co horario de verán: de 9:00 a 14:00 horas.
O curso de mecanografía impartirase os luns 4, 11 e 18 e os mércores 6, 13 e 20 de xullo en horario de 10:00 a 11:00 horas. O obradoiro de creación de blog terá lugar os martes 5, 12 e 19 e os xoves 7, 14 e 21 de xullo entre as 10:00 e as 11:00 horas. Os blogs son ferramentas moi empregadas a día de hoxe como medios de comunicación e expresión cadernos de traballo e existen numerosas plataformas gratuítas e sinxelas de empregar que se poden usar para crear un.
A inscrición en calquera das actividades pode facerse na propia Aula CeMIT, na Casa da Cultura de Bertamiráns, a través do teléfono 662 371 511, ou a través da web https://cemit.xunta.es/gl/centro/9. As coordinadoras da Aula CeMIT lembran que dende o 1 de xullo ábrese en horario de verán: de 9:00 a 14:00 horas.
Balance deste semestre
Dende o mes de xaneiro de 2016 a aula CeMIT ofertou 23 cursos: para nenas e nenos; orientados á busca de emprego (como obradoiros de creación de creación de currículum vitae), ao retoque fotográfico ou de iniciación á ofimática. Participaron 223 alumnas e alumnos, dende os 7 anos a maiores. A idade media dos asistentes, moitos dos cales escolleron iniciarse no uso das redes sociais, na navegación na rede ou no envío de correos electrónicos, foi de 57 anos.
Contido relacionado
El Correo Gallego:"Obradoiros para nenos de 7 a 12 años ofertados pola aula Cemit"




