Pestanas principais

A Aula CEMIT do Concello de Ames pon en marcha novas actividades nos meses de outubro e novembro

Martes, 01 de outubro de 2019

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames iniciará 12 novos cursos nos meses de outubro e novembro. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta ao longo dos vindeiros meses, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.

Dentro da programación a desenvolver durante este mes de outubro destaca a realización dun ciclo de introdución á informática para adultos, cun curso de Iniciación a Internet e outro de Iniciación ás redes sociais. Para o primeiro están todas as prazas cuebrtas e se admiten inscricións en lista de agarda. Para o segundo aínda hai prazas libres. Ademais, ofértase un ciclo de ofímatica co desenvolvemento de tres cursos dende mediados de outubro ata principios de novembro. Para os cursos de Follas de cálculo con LibreOffice Calc I e II xa están as prazas cubertas e admítense inscricións para lista de agarda. Para a actividade de Presentacións con LibreOffice Impress, a desenvolver a principios de novembro, aínda hai prazas dispoñibles. Asemade, durante o mes de novembro desenvolverase un ciclo de empregabilidade, con dous cursos centrados na mellora da empregabilidade dos alumnos e alumnas mediante a creación dun currículo adaptado as súas necesidades e a busca de emprego a través de Internet. Para ambos casos hai prazas libres.

A programación da Aula CeMIT para outubro e novembro tamén inclúe tres cursos destinados aos nenos e nenas. Un de informática de nivel básico e dous de mecanografía, un para nenos e nenas menores de 10 anos e outro para maiores desta idade. Para os dous primeiros aínda quedan prazas libres, mentres que o curso de mecanografía para maiores de dez anos admite inscricións para lista de agarda. Ao pe desta nova podes consultar todos os horarios de realización dos cursos, ademais das horas de Aula Aberta da aula CeMIT.

Exames EMA
A programación da Aula CeMIT tamén inclúe a realización de dous exames EMA, que consisten nunha proba presencial que se precisa para acadar o diploma en determinados cursos de teleformación do Espazo Multimedia de Aprendizaxe CeMIT.  Serán o venres, 18 de outubro, de 17:30 a 18:30 horas, e o venres, 22 de novembro, en horario de 12.00 a 13.00 horas.

Tramitación das inscricións
Para obter máis información ou para reservar praza en calquera destas actividades, as persoas interesadas pódeno facer a través da páxina web da CeMIT, achegándose á aula da Casa da Cultura de Bertamiráns, chamando ao número de teléfono 682 373 753, ou enviando un correo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal.

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "A Aula CEMIT do Concello de Ames pon en marcha novas actividades"

Aula CeMIT

Multimedia

  • Cartel Aula CeMIT