[03-08-2012] A Aula CeMIT do Concello de Ames celebrará dous cursos no mes de setembro nos que os asistentes poderán aprender a empregar follas de cálculo e a levar a cabo trámites electrónicos. Ademais, a aula, que estará cerrada durante o mes de agosto, continuará coa programación multimedia e audiovisual do ano 2012.
O primeiro dos cursos que se celebrarán en setembro tratará sobre as follas de cálculo. Nesta actividade, que terá lugar do 11 ao 14 de setembro, os alumnos e alumnas poderán familiarizarse coas follas de cálculo, crearán táboas de datos e traballarán con fórmulas. Este curso celebrarase entre o 11 e o 14 de setembro en diferentes horarios. Así, será entre as 10:30 e as 12:00 horas os días 11 e 12 de setembro e de 10:30 a 11:30 as outras dúas xornadas. Esta actividade vai dirixida á cidadanía en xeral co manexo básico do ordenador.
A segunda das actividades tratará sobre os trámites electrónicos. Nesta actividade, os alumnos e alumnas comprenderán o que é un certificado dixital e os pasos necesarios para obtelo, e coñecerán os trámites electrónicos que ofrecen as administracións. Este curso levarase a cabo os días 24 e 25 de setembro en horario de 19:00 a 20:00 horas. Para acceder a esta actividade, os asistentes deben coñecer o uso do ordenador a nivel básico e dispoñer dunha conta de correo electrónico.
Ademais destes cursos, a Aula CeMIT do Concello de Ames continuará coa programación multimedia e audiovisual do ano 2012. Neste marco, levarase a cabo un curso de 'Streaming de audio e video' entre os días 17 e 20 de setembro. O horario será de 10:00 a 14:00 horas. A outra actividade enmarcada na programación multimedia e audiovisual é o curso de 'Community manager', que terá lugar entre o 17 e o 20 de setembro en horario de 16:00 e 20:00 horas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre estas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Ames, a través da web https://aulascemit.xunta.es/inscripcion. Tamén poden facelo enviando ao correo electrónico cemit.ames@xunta.es a seguinte información: nome e apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto.




