[23-01-2012] A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Ames organizou dous cursos para o mes de xaneiro. No primeiro curso, que se impartiu entre os días 9 e 20 de xaneiro, 11 persoas traballaron cun programa de mecanografía por ordenador para adultos. Rematado este curso, este luns 23 de xaneiro comezan unhas xornadas de novas tecnoloxías nas que 13 usuarios/as aprenderán a descargar fotos dunha cámara dixital ou do móbil. Esta aula de informática, dependente da Xunta de Galicia, ofrece obradoiros dirixidos a veciñanza amiense. A través deste servizo preténdese que toda a veciñanza coñeza as nocións básicas da informática e das novas tecnoloxías.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Ames, organizou dous cursos para este mes de xaneiro. No primeiro obradoiro, 11 persoas traballaron co programa KTOUCH de mecanografía, para coller soltura co teclado do computador e adquirir bos hábitos diante do PC. Os usuarios/as aprenderon a sentar correctamente e a colocar ben as mans e a cabeza diante do computador para evitar riscos de lesións. Este curso impartiuse entre os días 9 e 20 de xaneiro, en horario de 19:30 h. a 20:30 horas, todos os días de luns a venres.
O segundo obradoiro que se organizou para este mes comeza este luns 23 de xaneiro. Trátase dunha xornadas para aprender a descargar fotos dunha cámara dixital ou do móbil. Neste curso, no que están apuntadas 13 persoas (cubríronse todas as prazas ofertadas), os usuarios/as tamén aprenderán a gravar as fotos nun CD de datos ou nun dispositivo USB. Tamén aprenderán a comprimir as fotografías para despois envialas por correo electrónico. Este obradoiro desenvolvese os días 23, 24, 25 en horario de 19:30 h. a 20:30 horas.
A aula CeMIT tamén se pode usar de forma libre, e dicir, para buscar información na internet, comprobar o correo electrónico, facer traballos, etc... As horas de Aula Aberta son polas mañás de 9:30 h. a 13:00 horas, e polas tardes de 16:30 h. ata ás 20:30 horas. Durante as horas nas que se impartan cursos non se poderá empregar a Aula Aberta.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para solicitar máis información sobre outras actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Ames sito Praza de Chavián s/n (Casa da Cultura), a través da páxina web http://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 662 371 511, ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.es





