Luns, 14 de outubro de 2013
[14-10-2013] O Concello de Ames informa que entre os días 14 e 18 de outubro permanecerá pechada ao público a Aula Cemit, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns. O motivo son as obras de mellora e acondicionamento que se están levando a cabo nestas instalacións e que inclúen a reposición de cableados, iluminación e a inclusión de novas dotacións, como un proxector.