[27-09-2017] A Aula CeMIT, que está situada no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns, ofrece o vindeiro luns 2 de outubro, de 11:00 a 12:00 horas, unha charla sobre consumo responsable. Esta charla, que se emitirá desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media, e está orientada para todos os públicos ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.
Todas as persoas que desexen inscribirse nesta actividade poderán facelo a través da web da CeMIT no seguinte link: https://cemit.xunta.gal/actividade/22446. Para calquera dúbida pódese chamar ao teléfono 662 371 511. Por outra banda, cómpre lembrar que, sempre que non se estea realizado ningún curso, na aula CeMIT estará dispoñible o servizo de aula aberta no que se poderán utilizar os equipos libremente e baixo a titorización dos encargados deste servizo. Tamén podes seguir a actividade do centro no Facebook da aula: https://www.facebook.com/aula.cemit.ames.




