[29-03-2015] A Aula CeMIT de Ames impartirá novas actividades gratuítas durante o mes de abril dirixidas a persoas de todas as idades con ou sen coñecementos informáticos. O centro, situado na Casa da Cultura de Bertamiráns, ofrece cursos de mecanografía, iniciación á informática, Internet e manexo do procesador de textos Writer. Ademais haberá clases para aprender a crear un blog, saber empregar o Skype ou sacarlle o máximo partido ao smartphone. As persoas interesadas en participar nalgúns destes cursos poden acudir persoalmente á propia Aula CeMIT, chamar ao teléfono 662 371 511 ou escribir un correo a cemit.ames@xunta.es.
O obxectivo da aula CeMIT -Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica- é promover o uso das novas tecnoloxías, ofrecendo os coñecementos necesarios para que as persoas poidan desenvolverse cun ordenador e prestando especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital. Perséguese tamén fomentar a formación dixital entre os profesionais e achegar ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
O centro formativo abre de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Ademais serve de Aula Aberta para toda a veciñanza que desexe empregar os ordenadores con conexión a Internet, cámaras web e impresoras, aínda que non participe nos cursos.
Cursos para nenos durante a Semana Santa
Durante as vacacións de Semana Santa os escolares poderán asistir a clases de mecanografía e informática, que se desenvolverán o mañá luns e o martes 31 de marzo, e o mércores 1 e o luns 6 de abril.