Pestanas principais

A Aula CeMIT colabora na celebración da Semana da Xuventude con dous cursos sobre redes sociais e busca de emprego

Venres, 27 de xullo de 2012

[27-07-2012] A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Ames colaborará na celebración da Semana da Xuventude, que terá lugar entre o 30 de xullo e o 4 de agosto, coa celebración de dous cursos. No marco desta iniciativa, a Aula CeMIT impartirá dous obradoiros que están dirixidos aos mozos/as que teñen entre os 14 e os 35 anos. Estes cursos están destinados a dous grupos diferentes de mozos/as. O curso de redes sociais está destinado a persoas entre 12 e 20 anos. Esta actividade realizarse o luns, 30 de xullo, e mércores, 1 de agosto, en horario de 18:30 h a 20:30 horas.

Ademais, desenvolverase outro curso para aprender a buscar emprego a través da internet. Esta actividade, que se realizará o martes, 31 de xullo, e xoves, 2 de agosto, en horario de 10:30 h a 12:30 horas, está destinada a persoas entre 16 e 35 anos. Esta aula de informática, dependente da Xunta de Galicia, colabora coa Concellaría da Xuventude para impartir estes dous obradoiros co obxectivo de ampliar as nocións básicas da informática e das novas tecnoloxías de todos os mozos e mozas amienses.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre estas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Ames sita na Praza de Chavián s/n (Casa da Cultura), na OMIX situada na Praza do Concello, 2 en Bertamiráns a través da páxina web www.cemit.xunta.es chamar ao teléfono 662 371 511, ou enviar un correo electrónico aos enderezos: cemit.ames@xunta.es ou omix@concellodeames.org.