Sábado, 07 de febreiro de 2015
[07-02-2015] A Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, iniciou esta semana os labores de limpeza e mantemento da canle nun tramo do río Sar ao seu paso pola parroquia de Ortoño. Os traballos consisten na retirada de árbores caídas e outros residuos que impiden o curso natural do caudal. En concreto, estase a actuar en 712 metros de río na Ponte da Condomiña, en Bertamiráns.
A concelleira de Medio Ambiente, Eugenia Martín, considerou “moi necesaria” esta actuación para evitar posibles desbordamentos de auga. Martín asegura que o estado do río neste punto obriga a levar a cabo operacións de mantemento con certa periodicidade.




