- Tematica
A EPEL Augas de Ames e o Club Voleibol Bruxas acaban de asinar un convenio de colaboración subscrito entre estas dúas entidades co obxectivo de fomentar o deporte feminino no concello de Ames. Dito acordo foi asinado hoxe, 17 de decembro, nun acto feito na oficina que Augas de Ames ten en Bertamiráns. A través deste convenio de patrocinio o club amesán recibe a contía de 3.000 euros para a tempada 2025-2026. Deste xeito, a EPEL Augas de Ames amosa o seu compromiso de responsabilidade social e fomento do deporte entre a veciñanza amesá. Este convenio de patrocinio súmase ao asinado a semana pasada co Futsal Club Meigas, unha mostra da aposta que se fai dende esta entidade co deporte feminino de Ames. Augas de Ames dedica 10.000 euros ao patrocinio e fomento do deporte feminino en Ames: 7.000 euros para o Futsal Club Meigas e 3.000 euros para o Club Voleibol Bruxas.
Augas de Ames EPEL é a entidade pública empresarial dependente do Concello de Ames, que xestiona o Ciclo integral da Auga, e vén de asinar un convenio de colaboración co Club Voleibol Bruxas para patrocinar a este club deportivo amesán, que milita na primeira división galega júnior. O convenio ten vixencia durante a tempada 2025-2026. A presentación de dito convenio realizouse hoxe mércores, 17 de decembro, na oficina que ten Augas de Ames na localidade de Bertamiráns.
Deste xeito, Auga de Ames dedica 10.000 euros ao patrocinio e fomento do deporte feminino en Ames: 7.000 euros para o Futsal Club Meigas e 3.000 euros para o Club Voleibol Bruxas.
En dita presentación participaron o presidente de Augas de Ames e alcalde do Concello de Ames, Blas García; o concelleiro de Obras e Servizos Básicos e membro do Consello de administración de Augas de Ames, Gustavo Nieto; a xerente da Entidade pública empresarial local Augas de Ames, Genma Otero; e o presidente do Club Voleibol Bruxas, Fernando Lizuain.
O presidente de Augas de Ames e alcalde do Concello de Ames, Blas García, explicou que “este convenio que acabamos de asinar co Bruxas entra dentro da programación que temos en Augas de Ames, dentro da responsabilidade social que facemos como empresa municipal, que é de apoiar por un lado ao deporte feminino e por outro lado ao deporte de equipo”.
Ademais, engadiu “o Club Voleibol Bruxas é un equipo feminino de Ames, que ademais traballa moitísimo no deporte de base e colabora tamén coas escolas deportivas municipais, e polo tanto, estamos apoiando a un equipo xa emblemático do noso concello. Dende o Concello de Ames levamos colaborando con este club dende hai moitos anos, pero agora tamén queríamos facelo a través da empresa municipal de augas”.
O presidente do Club Voleibol Bruxas, Fernando Lizuain, destacou “dende a nosa parte vemos que é un paso máis adiante pola aposta que está facendo o Concello polo deporte feminino. Dende logo temos moito que agradecer ao Concello, non por este feito concreto, que tamén, se non por toda a relación que vimos tendo co Concello dende o ano 2009. Sempre fomos dando pasiños adiante, dende reformas do pavillón e sobre todo axuda económica, que nos fai moita falta para poder sacar a mozas adiante”.
Compromiso co deporte local feminino
Deste xeito, a EPEL Augas de Ames amosa o seu compromiso de responsabilidade social e fomento do deporte entre a veciñanza amesá. Este convenio de patrocinio súmase ao asinado a semana pasada co Futsal Club Meigas, unha mostra da aposta que se fai dende esta entidade co deporte feminino de Ames. A través deste convenio de patrocinio o Futsal Club Meigas tamén recibe a contía de 7.000 euros. Este é o segundo ano consecutivo que Augas de Ames patrocina ao Futsal Club Meiga que que milita na segunda división nacional de fútbol sala feminino.








