Pestanas principais

Ata o 30 de maio está aberto o prazo para apuntarse na Escola de Verán de Ames

Luns, 23 de maio de 2016

[23-05-2016] O Concello de Ames, a través da concellaría de Educación e Cultura, abre o prazo para inscribirse na Escola de Verán, que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, en horario de 7:30 a 16:00 horas. Este servizo de conciliación, que está dirixido a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria, permite a conciliación da vida familiar e laboral. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición e as bases da Escola de Verán.

As solicitudes de inscrición poderán recollerse no departamento de Educación (no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns) e na oficina municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 h ás 14:00 horas, ou pódense descargar na web municipal. Unha vez estea cuberta a ficha de inscrición poderase entregar nos rexistros xerais da Casa do Concello, do Pazo da Peregrina e da Oficina municipal do Milladoiro, tamén en horario de 9:00 h ás 14:00 horas.

O prazo para solicitar a inscrición estará aberto dende o 15 ata o 30 de maio. A pesar de que o prazo para apuntarse comeza o día 15, ao ser domingo, as inscricións poderán tramitarse a partir do 16 de maio. Para obter máis formación pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal