Pestanas principais

Ata o 13 de xullo está aberto o prazo para inscribirse no Setembro Lúdico

Xoves, 09 de xullo de 2015

[09-07-2015] Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase do 1 ao 9 de setembro. O prazo de inscrición está aberto ata o 13 de xullo. Os interesados/as poden recoller a documentación necesaria no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, ou na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo nos enlaces que están á túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición no programa Setembro Lúdico e as bases dos programas lúdicos.