Pestanas principais

As/os patinadoras/es de Ames acadan bos resultados no Campionato provincial libre de categoría nacional celebrado a pasada fin de semana en Bertamiráns

Martes, 04 de maio de 2021

Esta pasada fin de semana celebrouse no pavillón de Bertamiráns o Campionato provincial de categoría nacional cadete, xuvenil, júnior e sénior de patinaxe artística libre individual. Nesta cita participaron as mellores patinadoras e patinadores da provincia da Coruña. Dito campionato estivo organizado polo Club de patinaxe Sarela. As/os patinadoras/es de Ames acadaron uns bos resultados que se poden consultar na páxina web da Federación galega de patinaxe.

O Club de patinaxe Sarela organizou, a pasada fin de semana, o Campionato provincial libre na localidade de Bertamiráns. En dito campionato participaron dous clubs de Ames, o Club organizador, o Sarela, de Bertamiráns, e mailo Club de patinaxe Omega, do Milladoiro. Tamén participaron dúas rapazas de Ames, Antía Lourido Villasenín, do Club de patinaxe Ágora Boqueixón, e Marta Quevedo Montero, do Club Compostela.   

As/os patinadoras/es de Ames acadaron uns bos resultados que se poden consultar na páxina web da Federación galega de patinaxe. Na categoría cadete feminina o primeiro posto foi para Antía Lourido Villasenín, do Club de patinaxe Ágora Boqueixón. Nesta mesma categoría, Martina Bretaña Míguez, do Club de patinaxe Omega, quedou en oitava posición; Inés Peña Rodríguez, do Club de patinaxe Sarela, foi décima; Marta Quevedo Montero, do club de patinaxe Compostela, quedou en décimo primeira posición; e Marta Lariño Iglesias e Martina Creo Mariño, ambas do Club de patinaxe Omega, foron décimo segunda e décimo terceira, respectivamente.

Na categoría cadete masculino, Jorge Sanmartín Villanueva, do Club de patinaxe Sarela, quedou en terceira posición, mentres que na categoría youth feminina, Sara Rodríguez Rodríguez, do club de patinaxe Omega, quedou en sétima posición. Ademais, na categoría júnior feminina, María Peña Rodríguez, do club de patinaxe Sarela, foi cuarta.  

Segundo os resultados conseguidos en dito campionato,  Antía Lourido Villasenín, do Club de patinaxe Ágora Boqueixón, (primeira na categoría cadete feminina); Jorge Sanmartín Villanueva, do Club de patinaxe Sarela, (terceiro na categoría cadete masculino); e María Peña Rodríguez, do club de patinaxe Sarela, (cuarta na categoría júnior feminina) conseguiron clasificarse para o campionato galego de patinaxe.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, dálle as grazas ao Club de patinaxe Sarela por organizar este campionato e por convidar á Corporación municipal ao acto de entrega de premios. “Aínda que desta volta non puido asistir público polas restricións vixentes derivadas da Covid-19, xa é un logro poder volver a organizar eventos deportivos no municipio despois de tanto tempo. Agardamos que a partires de agora, se poidan celebrar máis eventos e competicións e poder desfrutar de todo o deporte que temos en Ames”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Lourido, Sanmartín y Peña logran el pase al Gallego en Bertamiráns"

Campionato provincial de categoría nacional cadete, xuvenil, júnior e sénior de patinaxe artística libre individual

Multimedia

  • Campionato provincial de categoría nacional cadete, xuvenil, júnior e sénior de patinaxe artística libre individual