Pestanas principais

A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza unha Tarde de Té no Milladoiro

Luns, 20 de agosto de 2018

[20-08-2018] Este mércores, 22 de agosto, a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) , en colaboración co Concello de Ames, organiza unha Tarde de té ao carón da piscina municipal do Milladoiro en horario de 17.00 a 20.00 horas. Durante a tarde, os nenos e nenas que está a pasar o verán en Ames a través do programa Vacacións en Paz, achegarán aos asistentes a tradicional cerimonia do té saharauí, así como diferentes aspectos da súa cultura como música e xogos tradicionais.

Un ano máis, a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí busca dar a coñecer aos asistentes diversos aspectos da cultura saharauí a través da distintas actividades como son os xogos tradicionais, a cerimonia do té e a música. O evento, que terá lugar ao carón da piscina municipal do Milladoiro entre as 17.00 e as 20.00 horas de este mércores, ten como obxectivo principal recadar fondos para a compra e envío de menciñas ao Hospital Galicia do Sáhara.

As actividades terán lugar nunha jaima decorada con elementos e adornos propios do Sáhara, a semellanza das tendas de campaña dos pobos nómades do norte de África. Nela, os sete nenos e nenas que están a pasar o verán en Ames a través do programa Vacacións en Paz serán os encargados de mostrarlles aos asistentes como se realiza a tradicional cerimonia do té saharauí, así como de achegarlle á poboación amesá as tradicións e costumes do seu pobo, todo elo a través da súa música e os seus xogos tradicionais.

Asemade, tamén haberá instalado un posto no que se poderán adquirir rifas e merchandinsing da asociación para colaborar coa compra de menciñas para o Hospital Galicia. Do mesmo xeito, servirá tamén como punto de información para aquelas familias que queiran saber máis sobre o programa Vacacións en Paz, a través do cal as familias do municipio poden acoller durante os meses de xullo e agosto nenos e nenas saharauís que viven nunha situación complexa nos campamentos de refuxiados de Tindouf, en Alxeria, e para o que xa se están a buscar familias de acollida de cara ao próximo verán.

Contido relacionado


Compostela 24 horas: "Tarde de té no Milladoiro coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí"