Pestanas principais

A asociación Rutasapie organiza unha ruta de sendeirismo polo parque natural de Valderejo para os días 13, 14, 15 e 16 de abril

Sábado, 08 de abril de 2017

[08-04-2017] A asociación deportiva Rutasapie organizou unha ruta de sendeirismo polo parque natural de Valderejo, que está situado no extremo oeste da provincia de Álava. Esta actividade desenvolverase durante os días festivos de Semana Santa (o xoves 13, venres 14, sábado 15 e domingo 16 de abril). O prezo de inscrición, que inclúe tanto o transporte como o aloxamento, é de 229 euros para persoas non federadas, e de 220 euros para as que si o están. Para inscribirse ou solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo clubrutasapie@gmail.com ou chamar aos teléfonos 628 287 957 ou 675 680 159.

A programación municipal de primavera inclúe unha ruta de senderismo polo Salto do Nervión e polo parque natural de Valderejo, que organiza a asociación Rutasapie, en colaboración co Concello de Ames. Esta actividade desenvolverase os días 13, 14, 15 e 16 de abril aproveitando os días festivos de Semana Santa. O xoves 13 realizarase unha ruta lineal de 7 quilómetros de percorrido polo Salto do Nervión, e unha visita o lugar de Frías, un dos pobos máis bonitos de España.

A programación desta iniciativa deportiva continuará o día seguinte, o venres 14, que se fará unha ruta lineal de 11 quilómetros, de dificultade moderada, polo pico de Humión. Ese mesmo día tamén está prevista unha visita guiada con degustación a Salinas de Añana. Para o sábado 15 organizouse unha ruta circular de 23 quilómetros polo parque natural de Valderejo. Por último, o domingo 16 realizarase unha visita pola cidade de Bilbao, e ás 16:00 horas, regresarase cara Santiago. A chegada está prevista para as 23:30 horas.

Os participantes nesta actividade estarán aloxados no Hostal José Luís (Trespaderne). O prezo de inscrición (que inclúe tanto o transporte como o aloxamento, almorzos e ceas) é de 229 euros para persoas non federadas, e de 220 euros para as que si o están. Para inscribirse ou solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo clubrutasapie@gmail.com ou chamar aos teléfonos 628 287 957 ou 675 680 159.

A saída realizarase o xoves, 13 de abril, ás 01:00 horas, dende a estación de autobuses de Santiago de Compostela. Este mesmo autobús pasará pola estación de tren, ás 01:10 horas, e ás 01:20 horas polo aparcamento de Santa Marta.