Pestanas principais

A Asociación Extramundi ofrece á mocidade da contorna axudas para realizar prácticas formativas en empresas a través do Programa Galeuropa

Mércores, 22 de agosto de 2018

[22-08-2018] A Asociación Extramundi figura como beneficiaria do Programa Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2018. Este programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia comprende un conxunto de axudas para a mocidade entre 18 e 30 anos para realizar prácticas formativas non remuneradas en empresas de países europeos. A Asociación Extramundi conta con 15 mobilidades aprobadas neste programa, 5 para Italia, 6 para Reino Unido e 4 para Portugal, cunha duración de tres meses dentro do período comprendido entre os meses de setembro e decembro. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 1 de setembro.

O Programa Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2018 concíbese como un programa centrado na mellora da empregabilidade e das competencias socio laborais de mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación. O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil. Mediante a facilitación de prácticas formativas non remuneradas en empresas multisectoriais do eido público e privado europeo se promoverá que os/as participantes incrementen as posibilidades de inserción laboral para a mocidade, complementen a competencia profesional e persoal, adquiran competencias en idiomas estranxeiros e reduzan os obstáculos lingüísticos, e fomenten a autonomía persoal.

Galeuropa ofrece unha estadía de 3 meses (setembro, outubro e novembro) de prácticas formativas non remuneradas mutisectoriais en empresas de Italia, Reino Unido e Portugal. Faranse 100 horas mensuais de prácticas e un total de 71 horas de curso de idioma na lingua de traballo do destino. Durante a duración programa de mobilidade contarase co apoio da entidade de acollida ademais dun mentor/a no país. O programa prevé cubrir a viaxe de ida e volta, as prácticas na empresa, o aloxamento en apartamento e manutención, transporte local, seguro médico e de responsabilidade civil e a formación lingüística de apoio.

Requisitos
Para participar do Programa Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2018 hai que ter entre 18 e 30 anos e estar empadroado en Galicia; estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil; ter dispoñibilidade do 30 de agosto ao 30 de novembro e a motivación para vivir noutro país; DNI ou pasaporte válido en vigor para poder viaxar; e poseer tarxeta sanitaria europea. Ademáis, en cumprimento dos criterios da orde se priorizá as personas de menor idade, sen experiencia en mobilidade, e se favorecerá a participación das persoas con diversidade funcional.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 1 de setembro. Os interesados/as en participar do programa poden contactar para resolver e aclarar aspectos da mobilidade no correo galeuropa@extramundi.org. As solicitudes presentaranse telemáticamente na web www.extramundi.org, no apartado GALEUROPA. Para a resolución do proceso de selección Extramundi poñerase en contacto coa totalidade de participantes, informando sobre o estado das candidaturas do programa. As persoas non seleccionadas ficarán nunha lista de agarda ata que se resolva todo o proceso. O Concello xa participou do programa Galeuropa a través de Terras de Compostela, polo que están preselecionados xa 3 mozos de Ames. De todas formas, anímase a os mozos e mozas de Ames a se apuntar e participar desta iniciativa, xa que aínda quedan prazas libres e supón unha oportunidade para todos eles.