Pestanas principais

A Asociación Española contra o Cancro realiza unha iniciativa informativa no centro comercial Novo Milladoiro coa colaboración do Concello de Ames

Sábado, 08 de febreiro de 2014

[08-02-2014] A Asociación Española contra o Cancro habilitou esta mañá unha mesa informativa no centro comercial Novo Milladoiro coa colaboración do Concello de Ames. O alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Sanidade, María Eugenia Martín, visitaron esta mañá aos voluntarios que participaron nesta acción informativa que tiña como obxectivo informar á cidadanía amiense sobre esta enfermidade na semana na que se celebra o Día Mundial contra o Cancro.

Durante toda a mañá, estivo instalada no centro comercial unha mesa na que se distribuíu material informativo co obxectivo de concienciar á poboación e dar a coñecer os detalles desta enfermidade, facendo fincapé na importancia da detección precoz. Tamén se ofreceu información sobre a entidade e os servizos que presta. Esta mesa informativa, na que tamén colaborou Santiago Sur, contou co apoio de voluntarios da Oficina do Voluntariado de Ames e de membros da Asociación Española Contra o Cancro, que informaron sobre todos os aspectos relacionados coa enfermidade.