Pestanas principais

A Asociación de Veciños de Lens pon en marcha un blog para informar das actividades que leva a cabo

Luns, 15 de outubro de 2012

[15-10-2012] A Asociación de Veciños da parroquia amiense de Lens puxo en marcha un blog no que ofrecen cumprida información sobre as actividades que realiza e sobre a riqueza paisaxística, medio ambiental e cultural da zona. A través desta canle, a asociación tamén busca dar un servizo a todos os seus socios, procurando unha comunicación máis interactiva e eficaz. A dirección do blog é http://asociaciondevecinosdelens.blogspot.com.es/.

O blog iniciase cun resumo da historia desta asociación, que naceu en 2011 co obxectivo de unir esforzos para a conservación do patrimonio cultural e tradicional de Lens. Nas múltiples entradas do blog, a Asociación de Veciños da parroquia amiense de Lens vai contando as diferentes actividades que está realizando nos últimos meses. Deste xeito, inclúen vídeos e información sobre as festas parroquiais, o concurso de postres e sobre os cursos que se desenvolven en Lens.