Pestanas principais

A Asociación de Veciños de Covas celebra este sábado, 6 de setembro, a VII Festa da orella

Venres, 05 de setembro de 2014

[05-09-2014] Este sábado, 6 de setembro, celébrase en Covas a sétima edición da Festa da orella de porco cocida. A esta celebración, máis coñecida como a festa do socio, están invitados todos os socios/as da Asociación de veciños de Covas e todos aqueles veciños desta parroquia que queiran sumarase a este xantar. A través desta iniciativa trátase de pasar un día de xuntanza e integrar a todas aquelas persoas que non naceron nesta parroquia, pero que agora elixírona como lugar de residencia. A festa desenvolverase na pista polideportiva, que se atopa ao carón do campo da festa de Covas.

A Asociación de veciños de Covas celebra este sábado, 6 de setembro, ás 20:00 horas, a VII Festa da orella. Este evento gastronómico desenvolverase na pista polideportiva da parroquia, que se atopa ao carón do campo da festa de Covas. Os interesados/as en asistir a esta festa terán que poñerse en contacto con dita asociación, chamando ao número de teléfono 618 374 344. Por 6 euros poderase degustar a orella, empanada de bonito e bacallau, chourizo, e de sobremesa empanada de mazá. Para beber haberá refrescos, viño, auga e café.

A través desta festa trátase de reunir aos veciños e veciñas da parroquia para pasar un día xuntos e integrar a todas aquelas persoas que levan vivindo pouco tempo nesta parroquia. Ademais, dende a Asociación de veciños de Covas anuncian que este sábado terán os carnés de socios/as para aquelas persoas que estean interesados/as en pagala cota de socio/a ese día.