Pestanas principais

A Asociación de Comerciantes de Bertamiráns organiza obradoiros os días 24 e 31 de decembro para os máis pequenos

Venres, 23 de decembro de 2011

[23-12-2011] A Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames, organizan diversos obradoiros para os máis pequenos/as. Estas actividades desenvolveranse os días 24 e 31 de decembro nunha carpa que estará instalada na praza do Concello, en Bertamiráns. Os obradoiros, que serán realizados por Educalia Bertamiráns, desenvolveranse dende as 16:00 h ata as 19:00 horas. A través desta iniciativa preténdese facilitar as compras de Nadal para a cidadanía amiense. Mentres os pais e nais realizan as compras para celebrar as festas de Nadal os seus fillos/as poderán divertirse participando en diferentes obradoiros.

O pequeno comercio instalado no termo municipal de Ames desempeña un papel fundamental no desenvolvemento do tecido económico e social. Desempeña un papel de relevancia dentro da economía local como xerador de riqueza e emprego, ademais de xogar unha importante función social de cohesión, vertebración e dinamización das rúas e prazas, tornándoas máis atraentes para a veciñanza e fomentando as relacións de convivencia tanto para a cidadanía amiense como para as persoas que chegan de fóra do concello.

Para fomentar as compras no pequeno comercio a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames, organizan diversos obradoiros para os máis pequenos/as. Deste xeito, os veciños e veciñas e Ames poderán facer as súas compras con total tranquilidade, mentres que os seus fillos se entreteñen nos obradoiros que ten preparado a ludoteca Educalia Bertamiráns.

Este programa de actividades desenvolverase os días 24 e 31 de decembro, en horario de tarde, dende as 16:00 h ata as 19 horas. Para iso instalarase unha carpa na praza do Concello, lugar onde se realizarán os devanditos obradoiros. O sábado 24 de decembro os nenos e nenas poderán participar nun obradoiro de elaboración de bolsas de caramelos, onde os nenos/as aprenderan a decorar as bolsas antes de enchelas de caramelos. Noutro dos obradoiros, o de bixutaría, os cativos aprenderán a facer broches e colares.

Por outra banda, o sábado 31 de decembro, desenvolveranse os obradoiros de maquillaxe de Nadal (a rapazada poderase maquillar para celebrar a festa de fin de ano e comer as uvas) e o obradoiro de elaboración de bombóns. A través desta iniciativa preténdese facilitar as compras de Nadal para a cidadanía amiense.