Pestanas principais

A Asociación cultural San Xoanciño fixo alfombras florais para honrar á Virxe de Lourdes no lugar de Pousada

Mércores, 31 de agosto de 2011

[31-08-2011] Os veciños do lugar de Pousada, en Ames, volveron honrar á Virxe de Lourdes un ano máis cunha misa na capela de San Xoanciño. Foi o pasado domingo 28 de agosto cando se celebrou esta homilía e se sacaron en procesión as imaxes da Virxe de Lourdes, o San Xoan, e o Sagrado Corazón dende a capela ata o campo da festa. Unha das novidades que tivo este ano a festa foi que os homes e mulleres da asociación cultural San Xoanciño fixeron unha alfombra floral que partía da ermida e chegaba ata o campo da festa. Esta asociación fai numerosas actividades coma un Belén que prepararon no Nadal e que tivo moi boa acollida entre os veciños. O alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañado de varios concelleiros, tamén quixo asistir a esta celebración.