Pestanas principais

A Asociación cultural San Xoanciño de Pousada está elaborando unha alfombra floral para honrar á Virxe de Lourdes

Venres, 24 de agosto de 2012

[24-08-2012] Os veciños e veciñas do lugar de Pousada, pertencente á parroquia de Ames, celebran este domingo, 26 de agosto, as festas na honra da virxe de Lourdes. Para elo están elaborando unha alfombra floral que irá dende a capela de San Xoanciño de Pousada ata o campo da festa. Para honrar á virxe de Lourdes celebrarase unha misa solemne o domingo, ás 13:15 horas, que estará cantada polo coro de Bugallido. Tralos actos relixiosos realizarase a correspondente procesión pola alfombra floral.

Os membros da Asociación cultural San Xoanciño de Pousada están preparando dende o pasado domingo 19 de agosto a alfombra floral coa que honran á virxe do Lourdes. Ao longo desta semana están traballando na recollida e escolla das flores que van empregar na elaboración da alfombra. Posteriormente, o sábado será o día da confección da alfombra que quedará preparada para os actos relixiosos e procesión que se celebran o domingo 26 de agosto.

O acto central da celebración ten lugar na capela de San Xoanciño de Pousada onde se oficia unha misa solemne cantada polo coro de Bugallido. Tralos actos relixiosos realizarase a correspondente procesión pola alfombra floral. Deste xeito, sácanse en procesión as imaxes da virxe de Lourdes, o san Xoán, e o Sagrado Corazón dende a capela ata o campo da festa.

Esta asociación fai numerosas actividades coma un Belén que prepararon no Nadal e que tivo moi boa acollida entre os veciños e veciñas. Dende a Asociación cultural San Xoanciño de Pousada animan a todos os amienses a que acudan a este celebración na que poderán ver de primeira man todo o traballo que realizaron os membros desta asociación para elaborar a devandita alfombra floral.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Vedra y Ames rivalizaron en la celebración de sus fiestas de verano"
El Correo Gallego: "A Asociación cultural San Xoanciño de Pousada está elaborando unha alfombra floral para honrar á Virxe de Lourdes"
El Correo Gallego: "San Xoanciño se adornó con una gran alfombra floral"