[28-08-2012] Os veciños e veciñas do lugar de Pousada, pertencente á parroquia de Ames, celebraron este domingo pasado as festas na honra da virxe de Lourdes. Para elo elaboraron unha alfombra floral que ía dende a capela de San Xoanciño de Pousada ata o campo da festa. Ademais, para honrar á virxe de Lourdes celebrouse unha misa solemne, que estivo cantada polo coro de Bugallido. Tralos actos relixiosos realizouse a correspondente procesión pola alfombra floral.
Os veciños do lugar de Pousada, en Ames, volveron honrar á virxe de Lourdes un ano máis cunha misa na capela de San Xoanciño. Foi o pasado domingo, 26 de agosto, cando se celebrou esta homilía e se sacaron en procesión as imaxes da virxe de Lourdes, o san Xoán, e o Sagrado Corazón dende a capela ata o campo da festa. A misa solemne estivo cantada polo coro de Bugallido.
Os membros da Asociación cultural San Xoanciño de Pousada estiveron preparando dende o pasado domingo 19 de agosto a alfombra floral coa que honraron á virxe do Lourdes. A semana pasada estiveron traballando na recollida e escolla das flores que empregaron na elaboración da alfombra. Posteriormente, o sábado 25 elaboraron a devandita alfombra.
A esta celebración asistiron o concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo, Turismo e Educación, Bernardo Moar, a concelleira de Medio Ambiente, Sanidade e Cultura, María Eugenia Martín, e o concelleiro do grupo municipal popular, Alfonso Rey.




