Pestanas principais

A Asociación Cultural San Xoanciño de Alfombristas de Ames participa no proxecto “Momento de Solidariedade” promovido pola Coordinadora Internacional de Entidades de Alfombristas de Arte Efímero

Mércores, 03 de xuño de 2020

A Coordinadora Internacional de Entidades de Alfombristas de Arte Efémero organizou unha actividade na que cada unha das asociacións de alfombristas participantes elaborou un traballo dende a súa propia casa. Baixo o nome “Momento de Solidariedade”, as asociacións de alfombristas de Galicia, integradas na Federación de Asociacións de Alfombristas de Arte Efémera de Galicia (FAGAARTE) participaron neste proxecto, coa participación dun total de 20 alfombristas de toda Galicia, 100 en todo o mundo.

Debido ao confinamento da poboación, e por extensión, dos alfombristas de distinto lugares do mundo, non se puido levar a cabo o “Congreso de Alfombrismo e Arte Efémera Tokio 2020”, organizado pola Coordinadora Internacional de Entidades de Alfombristas de Arte Efémera, na que está integrada a Federación Galega de Alfombristas.

Por iso, a Coordinadora Internacional de Entidades de Arte Efémero organizou unha actividade na que cada un dos alfombristas participantes elaborou un traballo dende a propia casa.

Así, as asociacións de alfombristas de Galicia, integradas na Federación de Asociacións de Alfombristas de Arte Efémera de Galicia (FAGAARTE) participaron nese proxecto, que en galego se titula “Momento de solidariedade”, coa participación dun total de 20 alfombristas de toda Galicia, 100 en todo o mundo.

Este proxecto, único e innovador no ámbito alfombrista, foi pensado e creado pola Comisión de Proxectos da Coordinadora Internacional, especialmente para a campaña do confinamento “Queda na casa”. Cada unha das asociacións de alfombristas, entre as que se atopa a Asociación Cultural San Xoanciño de Alfombristas de Ames, elaborou unha alfombra para expresar na súa arte os sentimentos que desexa compartir co colectivo e coa sociedade.

O proxecto vai dedicado a todas as persoas que realizan traballos esenciais en favor da comunidade, ás familias que perderon un ser querido durante esta pandemia, aos enfermos, aos anciáns que se senten solos nas súas casas e aos alfombristas do mundo.

Baixo o lema “Dende lonxe, unidos no corazón”, estes proxectos de alfombras queren expresar proximidade e o abrazo solidario que compartimos e mandamos ao mundo. Con todos os traballos, a Coordinadora Internacional elaborou un vídeo que se pode visualizar premendo neste enlace.

 

 

Proxecto “Momento de Solidariedade”

Multimedia

  • Proxecto “Momento de Solidariedade”
  • Proxecto “Momento de Solidariedade”
  • Proxecto “Momento de Solidariedade”
  • Embedded thumbnail for