Pestanas principais

A Asociación Cultural Os Castros abre o prazo de matrícula da súa escola de baile, gaita e percusión tradicional

Venres, 22 de setembro de 2023

Xa está aberto o prazo de matrícula a través de correo electrónico para inscribirse na escola de baile, gaita e percusión tradicional da Asociación Cultural Os Castros. As persoas interesadas en anotarse deben enviar unha mensaxe ao enderezo correo@acoscastros.es. Dende o luns, día 25, e ata o venres, 29 de setembro, tamén se poderá realizar a matrícula de xeito presencial, de 21:00 a 22:00 horas nas instalacións da asociación. Ademais, durante o mes de outubro, ofrécense xornadas de portas abertas en Biduído e Bertamiráns. As clases comezarán o día 7 de outubro.

A Asociación Cultural Os Castros puxo en marcha, un ano máis, a súa escola de baile, gaita e percusión tradicional. O prezo para os alumnos será de 100 euros en todas as actividades, e a cota de socios, de 5 euros. Se se inscriben máis de dúas persoas por núcleo familiar, só deben efectuar o pagamento dous dos inscritos, os demais poden acudir de balde.

Horarios e localidades
As clases de gaita e percusión impartiranse en Bertamiráns (os luns, de 20:30 a 22:30 horas), en Biduído (os venres de 20:00 a 22:00 ou os sábados de 10:00 a 13:00 horas); e en Trasmonte (os domingos de 10:00 a 11:30 horas). Por outra banda, a formación de baile tradicional terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, os sábados de 16:30 a 19:30 horas.

Dende a asociación sinalan tamén que as clases de iniciación de gaita e percusión serán impartidas en Biduído.
Durante o mes de outubro celebraranse xornadas de portas abertas (os sábados, tanto en Biduído como en Bertamiráns). Os cursos darán comezo o día 7.

Inscricións e información
O prazo de matrícula para aquelas persoas que desexen formalizar a inscrición a través do correo electrónico xa está aberto. É preciso enviar unha mensaxe ao enderezo correo@acoscastros.es. A veciñanza que desexe anotarse de xeito presencial poderá facelo entre os días 25 e 29 de setembro, de 21:00 a 22:00 horas, na rúa Alcalde Lorenzo, nº 2, 1º, local 3 (Bertamiráns). Preme nesta ligazón para consultar a localización exacta.

Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 690 962 363 ou entrar na páxina web blog.acoscastros.es.

Cartaz das actividades da asociación Os Castros

Multimedia

  • Cartaz das actividades da asociación Os Castros