Pestanas principais

A asociación Alcohólicos Anónimos imparte este xoves, 4 de abril, no Milladoiro unha xornada informativa sobre alcoholismo

Mércores, 03 de abril de 2019

Este xoves, 4 de abril, a asociación Alcohólicos Anónimos imparte unha xornada informativa sobre alcoholismo, ás 20.00 horas, no local do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro, situado na rúa Figueiras, número 3, no Milladoiro. Para a charla contarase coa colaboración dun médico de familia, unha asistente social, un psicólogo, o párroco do Milladoiro e un membro da comunidade de apoio aos familiares de enfermos alcohólicos AlAnon. Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Ames e da Unidade Pastoral do Milladoiro, Teo e contorna.

O pasado 5 de outubro de 2018 creouse un grupo de Alcohólicos Anónimos no Milladoiro, que se reúne os martes e venres, ás 20:30 horas, nos locais da Parroquia de San Xosé do Milladoiro. Por tal motivo, este xoves, 4 de abril, a partir das 20.00 horas, farase unha presentación de dito grupo no local do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro. Este acto de presentación vai parello a unha charla informativa na que se falará do traballo que se realiza dende a asociación de Alcohólicos Anónimos.

A xornada informativa comezará dando información sobre dita asociación e sobre como funciona o programa de Alcohólicos Anónimos. Ademais, contarase coa colaboración dun médico de familia, o doutor José Manuel Pérez Crespo; unha asistente social, Inés Jurjo Sieira; un psicólogo, Luciano Manuel Ramírez; o párroco do Milladoiro, José Manuel Guldrís; e un membro da comunidade de apoio aos familiares de enfermos alcohólicos AlAnon. Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Ames e da Unidade Pastoral do Milladoiro, Teo e contorna.

A asociación Alcohólicos Anónimos imparte este xoves, 4 de abril, no Milladoiro unha xornada informativa sobre alcoholismo