Pestanas principais

Asínase un contrato cunha empresa amesá para dotar de fontes de auga municipal ás instalacións do Concello

Sábado, 23 de decembro de 2017

[23-12-2017] O alcalde de Ames, José Miñones, e o representante da empresa, Hydroworld España SL, Alejandro Pomar, asinaron un contrato esta semana para dotar ás instalacións municipais de 8 fontes de auga (7 fontes de auga modelo Evolution e unha fonte modelo Ecooler Inox). A través de dito contrato tamén se fai entrega de 200 envases de cristal Auga km Cero personalizadas co logotipo do Concello de Ames. A duración de dito contrato é dun ano. Dita empresa será a encargada do mantemento de ditas fontes de auga. A través desta iniciativa trátase de poñer en valor a auga da rede municipal de abastecemento e prescindir da auga embotellada como se viña empregando ata o de agora.


Apostar pola auga local, este é o obxectivo que persegue o goberno municipal coa sinatura do contrato subscrito co servizo Auga km Cero. Por todos é coñecido a relevancia dos denominados produtos de proximidade ou chamados KM 0. Trátase de produtos máis sostibles que garanten frescura, fomentando unha dieta sa e equilibrada. Deste xeito, apóstase pola auga da rede municipal de abastecemento e prescíndese daquela auga que é sometida a longos traxectos de transporte, semanas de conservación e envases de plástico dun só uso. É unha aposta diferente que ofrece tanxibles vantaxes a través dun proceso chamado microfiltración, que lle permite ao usuario producir a súa propia auga, eliminando todos os residuos como olores, sabores e incluso metais pesados que poden estar presentes nas cañerías.

As fontes foron colocadas nas dependencias da Policía Local de Ames, nas oficinas de Urbanismo de Bertamiráns, na Casa da Cultura de Bertamiráns, na nave da brigada municipal de obras, na Casa da Cultura do Milladoiro, nas Oficinas xerais do Milladoiro, na Casa do Concello e nas oficinas do Pazo da Peregrina. Nestas instalacións foron colocadas un total de 8 (7 fontes de auga modelo Evolution e 1 fonte modelo Ecooler Inox). A instalación destes dispositivos suponlle ao Concello un custo de 302,50 euros, IVE incluído (37,81 por cada fonte) ao mes. O que supón ao ano un importa total de 3.630 euros.

A duración de dito contrato é dun ano. Dita empresa será a encargada do mantemento de ditas fontes de auga. A través desta iniciativa trátase de poñer en valor a auga da rede municipal de abastecemento e prescindir da auga embotellada como se viña empregando ata o de agora. Ademais, cómpre destacar que se trata dunha empresa local do Milladoiro, co cal o goberno municipal aposta pola contratación de entidades de Ames.

Envases respectuosos co medio ambiente
Ademais, apóstase pola utilización de envases de cristal para fomentar o coidado e mailo respecto polo medio ambiente. A través de dito contrato tamén se fai entrega de 200 envases de cristal Auga km Cero personalizadas co logotipo do Concello de Ames. A nivel global o 72% dos envases de plástico non se recuperan. Aproximadamente, o 32% destes envases pérdense e acaban abandonados no medio natural, un 14% elimínase en incineración e outro 14% recóllese para a súa posterior reciclaxe. Deste 14%, un 4% pérdese durante o proceso de reciclaxe, un 8% recíclase en aplicación de menor valor á orixinal, e tan só un 2% recíclase en plásticos similares aos orixinais.