[23-03-2017] Esta mañá o alcalde de Ames, José Miñones, e o deputado de Cooperación, Plans Provinciais, Asistencia a Municipios, Turismo e Patrimonio Histórico Artístico na Deputación de Coruña, Xosé Regueira, asinaron o convenio de colaboración entre o Concello de Ames e a administración provincial para sufragar a obra de ampliación do pavillón municipal de deportes do Milladoiro. Este proxecto recolle a ampliación en 180 metros cadrados do pavillón do Milladoiro co obxectivo de executar unha nova sala-ximnasio, que ten un custe de 81.831,02 euros.
Despois de que no pleno do pasado mes de novembro a corporación municipal aprobase o proxecto técnico da obra de ampliación do pavillón municipal do Milladoiro, esta mañá o rexedor municipal e o deputado provincial responsable da área de cooperación cos concellos, Xosé Regueira, asinaron o contrato de colaboración para sufragar este proxecto entre ambas administracións.
Este proxecto recolle a ampliación en 180 metros cadrados do pavillón do Milladoiro co obxectivo de executar unha nova sala-ximnasio, que ten un custe de 81.831,02 euros. Para elo, a Deputación da Coruña achegará 65.464,82 euros a través dunha subvención nominativa para financiar o 80% das actuacións contidas no proxecto técnico da obra de ampliación de dito pavillón. O Concello asumirá o custe restante, que representa o 20%, e que son 16.366,20 euros.
O rexedor municipal explicou que "a mellora das instalacións deportivas é unha prioridade ante o excaso investimento realizado en anteriores anualidades. Esta ampliación permitirá mellorar as actividades a realizar no pavillón e agradezo á Diputación a súa atención á solicitude realizada no ano pasado".
Actuacións no pavillón de Bertamiráns
Por último, dende a Concellaría de Deportes teñen previsto realizar outras actuacións no pavillón de Bertamiráns como son cambiar o pavimento desta instalación, con cargo ao plan complementario do plan provincial de acción social (PAS), para o que se está acelerando a tramitación administrativa de cara a chegar á nova tempada co novo chan instalado, así como a construcción dunha pista de squash e sala multiusos con fondos propios.
O concelleiro de Deportes, José Miñones, indicou que "o investimento en instalacións deportivas durante o 2016 superou os 500.000 euros e para o 2017 espérase volver a aprobar importantes investimentos en instalacións deportivas dentro do plan POS+ da Deputación e con fondos propios do orzamento por importes de 250.000 euros".




