Pestanas principais

Asínase o convenio para a renovación do terreo de xogo do campo municipal de fútbol de Bertamiráns

Mércores, 09 de outubro de 2019

Esta mañá o alcalde de Ames, José Miñones, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron o convenio polo cal o organismo provincial e mailo Concello van a investir 357.303 euros nas obras de renovación do campo de fútbol de Bertamiráns, dotándoo dun novo terreo de xogo de céspede artificial de última xeración e dunha bancada máis cómoda para os espectadores. O convenio para cofinanciar ditos traballos foi aprobado o pasado 13 de setembro no pleno da Deputación da Coruña. A Deputación achegará o 80% da contía total, 285.906 euros, mentres que o Concello de Ames porá o 20% restante, 71.397 euros.

O campo de fútbol de Bertamiráns acolle actualmente adestramentos e partidos oficiais de varios equipos locais, pero presenta un estado deficiente debido ao desgaste da fibra do terreo de xogo, con máis dunha década de uso. Debido a iso o goberno municipal fixo as xestións necesarias coa organización provincial para cofinanciar este proxecto que foi aprobado o pasado 13 de setembro no pleno da Deputación da Coruña.

Previamente, o convenio de colaboración foi aprobado na comisión de Deportes. Así, a Deputación financiará o 80% do proxecto cunha achega de 285.906 euros, mentres o Concello de Ames achegará o 20% restante, 71.397 euros.

Con este convenio, asinado no día de hoxe polo alcalde de Ames, José Miñones, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o organismo provincial e mailo Concello financiarán as obras de retirada do firme actual mediante un sistema sostible TurfMuncher que permita a súa reciclaxe ou reutilización e a instalación dun novo céspede de herba artificial de última xeración, que garante unha excelente función deportiva e técnica e que se instalará sobre unha superficie regular e previamente compactada.

O campo habilitarase para a práctica de fútbol 8 e fútbol 11, segundo os criterios regulamentarios da RFEF, e dotarase de novas porterías, redes e outro equipamento para a práctica do fútbol. Acometerase tamén a renovación do metacrilato dos bancos, dado o seu mal estado.

As obras inclúen tamén unha mellora na grada existente, onde se instalarán asentos plásticos, de fácil mantemento e limpeza, para facilitar unha maior comodidade dos espectadores que a asisten aos partidos.

 

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Renovar el campo de fútbol de Bertamiráns cuesta 357.303 euros y la Diputación asumirá el 80 %"

Compostela 24 horas: "A Deputación e o concello de Ames investirán 357.303 para a renovación do campo de fútbol de Bertamiráns"

Acordo de renovación campo de fútbol de Bertamiráns

Multimedia

  • Acordo de renovación campo de fútbol de Bertamiráns
  • Acordo de renovación campo de fútbol de Bertamiráns