Pestanas principais

Asínase o convenio coa ANPA do IES de Ames para cofinanciar o transporte de estudantes

Martes, 08 de febreiro de 2011

[08-02-2011] O alcalde de Ames, Carlos Fernández, unha das coordinadoras do departamento de Educación, Emilia Seara, e a presidenta da ANPA do IES de Ames, Josefina Rella Conde, asinaron o convenio mediante o cal o Concello de Ames comprométese a sufragar parte do gasto derivado do transporte de estudantes no tramo non obrigatorio do curso 2009/2010. A través deste convenio a Administración local sufragará o 50% do gasto declarado pola ANPA no que se refire aos custos do transporte escolar que empregan os alumnos matriculados no IES de Ames e que cursaron estudios de Bacharelato durante o curso pasado. O custe deste servizo ascendeu a 14.980 euros, polo que o Concello aprobou a achega de 7.490 euros.

O Concello de Ames é consciente da necesidade de investir en gasto social e en materia de educación. Nos últimos anos o goberno municipal asinou diferentes convenios cos centros de ensino amiense co fin de potenciar a formación da mocidade amiense. O concello de Ames dispón dunha poboación eminentemente moza o que provoca que se teñan que dedicar un gran número de recursos a este grupo social.

Deste xeito o Concello de Ames comprométese a prestar apoio económico para sufragar o custe derivado do transporte escolar para os alumnos matriculados no IES de Ames durante o curso 2009/2010, que cursaron estudios do tramo non obrigatorio da Educación Secundaria. A Administración local colabora sufragando parte do gasto derivado do transporte escolar que empregaron os alumnos e alumnas matriculados nos cursos de Bacharelato.

Concretamente apórtase a contía de 7.490 euros, equivalente ao 50% do gasto declarado pola ANPA. Esta entidade é a encargada de xestionar o servizo de transporte escolar para os alumnos matriculados neste centro que cursen estudios do tramo non obrigatorio da Educación Secundaria (Bacharelato). No curso escolar 2009/2010, o custe deste servizo ascendeu a 14.980 euros.

As dúas entidades deixan aberta a posibilidade de renovar a colaboración no cofinanciamento reflectida no convenio de cara aos seguintes exercicios. A tal fin, o Concello de Ames comprométese a incluír nos orzamentos do exercicio 2011 o crédito suficiente para amparar o gasto derivado da subvención. En todo caso, a efectividade de tales compromisos quedará supeditada á sinatura do correspondente convenio, no que as obrigas das partes queden claramente especificadas, sen que a simple inclusión da partida orzamentaria xere dereito algún a favor da ANPA.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


El Correo Gallego: "El Concello financia la mitad del transporte de alumnos del IES de Ames"
La Voz de Galicia: "Ames financiará el 50% del gasto de transporte del Anpa del instituto"