Pestanas principais

Asínanse os contratos dos servizos de monitoraxe do Xuño Lúdico e de cáterin da Escola de Verán

Mércores, 17 de xuño de 2015

[17-06-2015] Esta mañá, o alcalde de Ames, José Miñones, asinou os contratos dos servizos de monitoraxe do Xuño Lúdico e de cáterin da Escola de Verán. Nesta sinatura tamén estiveron a concelleira de Educación, Luísa Feijóo, e os representantes das empresas Órbita Infantil e Grupo Ruta Jacobea, adxudicatarias deste servizos. No Xuño Lúdico participarán 172 nenos/as, mentres que para a Escola de Verán presentáronse 294 solicitudes.

A empresa Órbita Infantil será a encargada de ofrecer o servizo de monitoraxe no programa do Xuño Lúdico, que se desenvolverá durante os días 22, 23, 25, 26, 29 e 30 de xuño, de 7:30 a 16:00 horas, tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro. Neste servizo participarán 172 rapaces e rapazas (110 no Milladoiro e 62 en Bertamiráns). O contrato asinado con Órbita Infantil ten un custo de 5.998 euros.

Por outra banda, esta mañá asinouse o contrato do servizo de cáterin có Grupo Ruta Jacobea, que ofrecerá o servizo de xantar durante os meses de xullo e agosto nos que se desenvolve a Escola de Verán. Esta empresa foi a adxudicataria deste servizo despois de ter en conta os informes emitidos por parte do departamento municipal de Educación.

O orzamento máximo deste contrato ascende a contía de 14.127 euros. O prezo por xantar servido será de 3 euros, máis o correspondente IVE. Os devanditos xantares deberán estar compostos por un primeiro prato, un segundo prato, pan, bebida e sobremesa. Para a Escola de Verán houbo 294 solicitudes (140 para Bertamiráns e 154 para O Milladoiro).

O alcalde de Ames, José Miñones, destaca que “tanto o Xuño Lúdico coma a Escola de Verán son dous servizos educativos e de ocio dirixidos a nenos e nenas que durante este curso estiveron matriculados en educación infantil e primaria e que se desenvolve en Bertamiráns e no Milladoiro”.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames cierra la licitación de monitores y menús de dos programas de conciliación"
El Correo Gallego: "Ames licita a monitoraxe e o xantar de verán e en Xallas divulgan o Concilia"