[14-12-2011] Ao longo de toda esta semana a veciñanza amiense poderá visitar a exposición de escultura Sentimentos da artista Gely Quintas. Esta mostra xa estivo exposta os días 1, 2, e 3 de decembro. A exposición poderase visitar de luns a venres, en horario de 17:00 h a 20:00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A creadora da exposición, Gely Quintas, realizou este luns 12 de decembro unha visita guiada pola mostra na que participaron varios concelleiros da corporación municipal. Todos os interesados/as nesta arte poderán ver diferentes obras feitas en pedra, madeira, bronce, mármore e aceiro.
O Pazo da Peregrina acolle dende o día 1 de decembro unha exposición da artista ourensá, Gely Quintas. Baixo o título de Sentimentos a mostra recolle diversas esculturas de pedra, madeira, mármore ou cobre. Ao longo de toda esta semana a veciñanza amiense aínda poderá visitar a exposición, en horario de 17:00 h a 20:00 horas. A creadora da exposición, Gely Quintas, realizou este luns 12 de decembro unha visita guiada pola mostra na que participaron varios concelleiros da corporación municipal.
Gely Quintas estudou debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios, así como deseño e patronaxe industrial e debuxo e pintura co pintor vigués "San Luís". Tamén foi discípula do escultor Xosé Antúnez Pousa e estudou talla en madeira co mestre tallista Manuel Zarauza.
A mostra recolle creacións que foron feitas entre o ano 2007 e 2011. Algunhas das obras que se expoñen en Sentimentos xa formaron parte doutras mostras pero tamén hai obras inéditas creadas exclusivamente para esta exposición. Segundo manifesta Gely Quintas "a través desta exposición preténdese establecer un diálogo entre a escultura e o espectador que a observa". A principal novidade que se inclúe nesta mostra é unha fotografía da propia autora. Todas as persoas que estean interesadas en adquirir algunha das obras feitas por Gely Quintas pódeno facer e, para iso, deben consultar o catálogo da exposición.

Contido relacionado

El Correo Gallego: "Los Sentimientos de Gely triunfan en Ames"




