Pestanas principais

Arredor de 730 persoas asistiron neste martes de Entroido ao cocido dos maiores de Ames

Martes, 17 de febreiro de 2026

O pavillón do Milladoiro acolleu neste martes de Entroido unha nova edición do cocido dos maiores de Ames, ao que asistiron máis 730 veciños e veciñas do noso concello. Deste xeito, os maiores de 65 anos de Ames puideron gozar dunha gran xornada festiva, con música a cargo do dúo Eva e Camilo, e na que degustaron o tradicional cocido galego. Tras o xantar, realizouse a entrega de premios aos mellores disfraces e tamén un sorteo de varias cestas con produtos de Entroido entre todos os asistentes. Un gran parte dos concelleiros e concelleiras fo Goberno municipal e do grupo municipal do Partido Popular asistiron á festa.

Ames celebrou neste martes de Entroido a cuarta edición do cocido dos maiores, unha festa que se recuperou no 2022 coa celebración no mes de xullo da tradicional festa dos maiores e que desde o 2023 se decidiu trasladar ao martes de Entroido.

Deste xeito, o pavillón municipal do Milladoiro acolleu unha xornada festiva na que non faltaron os disfraces, este ano coa temática das profesións, a boa música e, por suposto, o tradicional cocido galego destas datas de Entroido. Asistiron máis de 730 persoas ao xantar, que deu comezo ás 14.00 horas coa entrada dos camareiros e camareiras repartindo o primeiro prato, sopa, e, de seguido, o cocido por todas as mesas.

Antes do comezo do xantar, o alcalde de Ames, Blas García, destacou que “o cocido dos maiores xa se está convertendo nunha tradición no concello de Ames durante as festas de Entroido. Con esta festa o que se pretende é que os nosos maiores pasen un día de convivencia e festa todos xuntos”.

Máis de 1.000 quilos de cocido
Para que non faltase de nada preparáronse arredor de 666 quilos de carne, 400 quilos de patacas e 270 feixes de grelos. Deste xeito, cocéronse 250 kg de cacheira; 40 kg de costela; 22 kg de uña; 20 kg de orella; 40 kg de touciño; 80 kg de tenreira; 62 kg de lacón; 70 botelos - 90 kg; 62 kg de chourizo; 400 kg de patacas e 270 feixes de grelos.

Tras a comida, a festa continuou ao longo da tarde con música a cargo do dúo musical Eva e Camilo para que as persoas maiores puideran xuntarse e gozar dunha xornada festiva chea de diversión. Uns clásicos coñecidos por todos e todas que fixeron bailar e cantar a todos/as os/as nosos/as maiores. Ademais, premiouse aos mellores disfraces co reparto de varias cestas con produtos de Entroido. 

Servizo de autobús
Para facilitar a asistencia dos maiores ao evento, o Concello de Ames habilitou un servizo de autobús que pasou polas parroquias para recoller ás persoas que así o solicitaron para, deste xeito, achegalas ata o pavillón do Milladoiro. Ao final da festa tamén houbo servizo de autobús para regresar a casa.

Unha gran parte da Corporación municipal encabezada polo alcalde, Blas García, tamén participou na festa. Deste xeito, asistiron ao cocido dos maiores todos os membros do Goberno local xunto cos concelleiros do Partido Popular de Ames.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Macrococido para los mayores de Ames"

El Correo Gallego: "Tributo a los mayores de Ames con más de mil kilos de cocido y música: "Moi rico e abundante"

Xornal de Compostela: "Ames reúne a máis de 730 persoas no cocido dos maiores celebrado no pavillón do Milladoiro"

Arredor de 730 persoas asistiron neste martes de Entroido ao cocido dos maiores de Ames

Multimedia

  • Arredor de 730 persoas asistiron neste martes de Entroido ao cocido dos maiores de Ames