Pestanas principais

Arredor de 700 familias recibiron axuda do roupeiro municipal no que vai de ano

Martes, 06 de setembro de 2011

[06-09-2011] Os meses de xullo e agosto o roupeiro municipal non recolleu roupa co fin de poder ordenar e limpar as súas instalacións de cara ao vindeiro curso e tamén por descanso do persoal voluntario que traballa de xeito desinteresado neste servizo. A pesar diso, en todo momento seguiuse entregando roupa a todas aquelas persoas que así o solicitaron. Este ano detectouse un importante incremento de solicitudes xa que no primeiro semestre beneficiáronse deste servizo, que xestiona a Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), arredor de 600 familias, 100 máis que o ano pasado. Ao remate do mes de agosto a cifra chega arredor das 700 familias. Este servizo creouse co obxectivo de facerlle fronte á necesidade básica de roupa e calzado do colectivo de poboación amiense menos favorecido.

Durante os meses estivais de agosto e setembro o roupeiro municipal do Concello de Ames tivo pechadas as súas instalacións para un mellor acondicionamento de toda a roupa que foi entrando durante este ano. Aínda así, seguiuse entregando roupa a quen o solicitou, cunha media de 8-10 entregas á semana, número que aumenta a 10-12 durante o resto do ano. Durante estes meses, o persoal voluntario que, de forma desinteresada, traballa nel tomouse un merecido descanso.

No primeiro semestre do ano, a cifra de familias que se beneficiaron deste servizo, que xestiona a Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) ascendeu a 600. Se sumamos isto aos meses de xullo e agosto, no que as solicitudes baixan considerablemente, a cifra ascende a unhas 700. Pero o maior aumento aínda está a piques de producirse posto que, coa chegada de setembro, os nenos e nenas volven as escolas e moitas familias sen recursos vense na obriga de solicitar esta axuda en forma de roupa.

Ao longo do ano pasado repartíronse 850 paquetes de roupa. O roupeiro está situado no edificio de Servizos Múltiples de Aldea nova. Neste lugar almacénase a roupa recollida nos centros socioculturais de Bertamiráns e do Milladoiro e fanse os paquetes que posteriormente se distribúen. Sete persoas voluntarias poñen o seu grao de area para o funcionamento deste servizo que está en marcha dende o ano 2003. O roupeiro municipal de Ames leva funcionando nove anos para atender as necesidades das persoas con menos recursos do Concello grazas ao esforzo e ao traballo de persoas voluntarias que xestionan este servizo. Sete persoas dedican, desinteresadamente, parte do seu tempo para asegurar o correcto funcionamento deste servizo que consegue paliar, en parte, as carencias das persoas que o precisan.

A partir do mes de xullo o roupeiro municipal non recolleu roupa co fin de poder ordenar e limpar as súas instalacións de cara ao vindeiro curso e tamén por descanso do persoal voluntario que traballa de xeito desinteresado neste servizo. Con todo, nos meses de xullo e agosto seguiuse entregando roupa a todas aquelas persoas que así o solicitaron.

Este ano detectouse un importante incremento de solicitudes, xa que no primeiro semestre beneficiáronse deste servizo, que xestiona a Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), arredor de 600 familias, cunha media de 100 solicitudes por mes. Destas solicitudes, aproximadamente un 70% foron peticións de roupa para rapaces e rapazas menores de 16 anos. Ademais, ao longo de 2010 repartíronse uns 850 paquetes, o cal dá un cifra de preto de 1.500 paquetes entregados nos últimos 18 meses.

A roupa recóllese nos centros socioculturais tanto de Bertamiráns coma do Milladoiro, nas dependencias habilitadas do departamento de Servizos Sociais, entre o luns e o venres, en horario de 9:00 h. a 14:00 horas. Alí pódese achegar toda a veciñanza a doar a roupa que desexen, incluíndo calzado, roupa de cama, toallas, carriños de bebé e mesmo colchóns. Dende alí, a brigada municipal traslada todo o material acumulado ata o depósito do roupeiro municipal situado no edificio de Servizos Múltiples de Aldea Nova. A sede estivo na antiga escola parroquial de Biduído ata 2008, cando se decidiu, desde o Concello, darlle un pulo co acondicionamento dunhas instalacións máis apropiadas e modernas. Así, hoxe en día conta cunha sede óptima desde a que levar a cabo o seu importante labor social.

As voluntarias, sete na actualidade, son as encargadas de recibir as pezas de roupa, facer a escolla das que estean en bo uso, almacenalas no roupeiro e entregalas ás familias máis desfavorecidas do Concello, sempre baixo a supervisión do técnico de voluntariado do departamento de Servizos Sociais. Cando chega unha petición por parte dalgún usuario ou usuaria, as voluntarias seleccionan a roupa que mellor se axeite ao caso correspondente e elaboran un paquete adaptado ás características e demandas do/a solicitante.

Posta en marcha do servizo en setembro

Durante os meses de xullo e agosto o roupeiro municipal non recolleu roupa co fin de poder reestruturar o servizo. Durante estes dous meses ordenáronse e limpáronse as instalacións de cara ao vindeiro curso e o persoal voluntario que traballa de xeito desinteresado neste servizo colleu un tempo de descanso. A pesar disto, nos meses de xullo e agosto, seguiuse entregando roupa a todas aquelas persoas que así o solicitaron.

E co servizo de novo en marcha, o mes de setembro semella que vai ser moi activo. Co inicio do novo curso escolar, as solicitudes aumentan considerablemente. Os máis cativos precisan roupa para poder afrontar esta nova etapa, e moitas familias non teñen os recursos precisos para facer fronte ao novo curso escolar. Por este motivo, o roupeiro municipal cumpre unha función tan importante como é a de prestar apoio a todas as familias con poucos ou case ningún recurso.

As familias que desexen solicitar paquetes de roupa terán que achegarse ata a Oficina do Voluntariado e alí o persoal que xestiona este departamento realizará unha ficha cos datos da súa solicitude. Este departamento está situado na Casa da Cultura de Bertamiráns, pero tamén atenderá as necesidades da veciñanza na Casa da Cultura do Milladoiro os luns e os mércores en horario de 9:00 h. a 12:00 horas da mañá. Por outra parte, todas as persoas que queiran botar unha man e prestar axuda ás voluntarias e ás persoas que máis o precisan, poden informarse de xeito presencial na Oficina Municipal de Voluntariado situado na Casa da Cultura de Bertamiráns ou chamando ao 981 883 703.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El ropero amiense atendió a cien familias en los dos últimos meses"
El Correo Gallego: "El ropero de Ames se prepara para septiembre"