[16-06-2014] Este sábado, 14 de xuño, pola mañá disputáronse as finais do V Torneo de Tenis e do III Torneo de Minitenis. Unha vez rematadas as finais de todas as categorías do torneo, realizouse a entrega de premios no pavillón polideportivo de Bertamiráns. Os trofeos e as medallas foron entregadas polo alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Deportes, María Eugenia Martín. Nestes torneos de tenis participaron arredor de 50 persoas entre nenos/as e adultos. Esta iniciativa, que se enmarca dentro das escolas deportivas municipais, disputouse entre os días 7 e 14 de xuño. O Concello pretende, a través deste programa, potenciar hábitos de vida saudables por medio do deporte e difundir valores tan importantes coma o respecto, o compañeirismo e a tolerancia.


Entrega de premios
Na categoría feminina de 6 a 8 anos a campioa foi Sara Lestón e de subcampioa quedou Elisa Lorenzo. Na categoría masculina de 6 a 8 anos gañou Raúl Pérez e na segunda posición quedou Álvaro Francos. Por outra banda, na categoría feminina de 9 a 11 anos a primeira posición foi para Elsa Estévez, mentres que no segundo posto quedou Rosa del Sar. Na categoría masculina de 9 a 11 anos o campión foi David Rouco e de subcampión quedou Yago Cid.
Na categoría xuvenil feminina gañou Ana García e a segunda posición foi para Lidia Comba, mentres que na categoría xuvenil masculina o primeiro posto foi para Sergio García e de subcampión quedou Iván Viñas. Por último, na categoría absoluta feminina gañou Ana Fraga e na segunda posición quedou Mireia García, mentres que na categoría absoluta masculina o campión foi Eduardo Castelo e de subcampión quedou Ignacio Lorenzo.
A entrega de premios tivo lugar este sábado 14 de xuño, ás 13:30 horas, no pavillón de Bertamiráns. O alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, foron os encargados de entregar os trofeos e as medallas a todos os gañadores/as. Todos os nenos/as que participaron no Torneo de Minitenis levaron unha medalla. Ademais o campión/campioa e o subcampión/subcampioa de cada categoría levaron un trofeo.
O tenis é unha das actividades con maior éxito dentro das escolas deportivas municipais. Para consolidar esta tendencia, entre os días 7 e 14 de xuño, disputouse o V Torneo de Tenis e o III Torneo de Minitenis das escolas deportivas municipais. Tralo éxito das edicións anteriores, a través desta iniciativa inténtase facer este deporte máis atractivo tanto para nenos coma para adultos.
Nestes torneos participaron arredor de 50 nenos/as e adultos que competiron en oito categorías diferentes dependendo da idade e do sexo. O torneo de minitenis contou con catro categorías (nenos/as de 6 a 8 anos masculino e feminino - rapaces e rapazas de 9 a 11 anos masculino e feminino), mentres que no Torneo de Tenis establecéronse outtas catro categorías diferentes dependo da idade e do sexo (xuvenil feminino-masculino e absoluto feminino-masculino).




