[03-02-2012] Continúan as actividades da Aula da Natureza e este venres tocoulle a quenda aos nenos e nenas de terceiro de infantil do CEIP Agro do Muíño. Arredor de 50 nenos e nenas participaron nun obradoiro sobre o coñecemento dos cinco sentidos (olfacto, vista, gusto, tacto e oído). O alumnado de cinco anos de idade estivo acompañado das súas profesoras e por unha técnica da Aula da Natureza, que foi a encargada de impartir o obradoiro. O Concello de Ames busca promover a educación ambiental dos nenos e nenas amienses por medio de iniciativas deste tipo nas que o alumnado pode distinguir diferentes olores como os da menta, eucalipto ou a lavanda, así como diferenciar os sons de diferentes animais.
Sons de animais e da natureza
O terceiro sentido co que se traballou foi o oído. Para iso a técnica da Aula da Natureza proxectou varias fotografías de animais (vaca, cabalo, galiña, cabra, gorila, gaivota, león, tigre...) para que os nenos/as adiviñasen que son realizaba cada un deles. Posteriormente, os rapaces puideron escoitar o son de cada un dos animais. Tamén escoitaron os son que xera un río, a praia, un volcán ou un incendio. A última actividade que realizaron os cativos estivo dirixida a coñecer o sentido da vista. Para iso organizouse un obradoiro de manualidades no que os alumnos/as puideron realizar un peixe de varias cores empregando unha pinza da roupa. A través desta actividade falaron das diferentes cores que empregaron para realizar o peixe e de como se diferencian as cores.
A Aula da Natureza está aproveitando o seu novo espazo físico, situado na parroquia da Ameixenda, para levar a cabo unha serie de actividades propias coas que dar a coñecer entre os máis novos do concello os diversos elementos da natureza. Así, dende a concellería de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade púxose en marcha un programa de actividades dirixidas ao alumnado dos centros educativos amienses.
A coordinadora da Aula da Natureza foi a encargada de guiar aos pequenos polos diferentes sentidos (olfacto, vista, gusto, tacto e oído). O obradoiro comezou co sentido do tacto. Os/as nenos/as tocáron o pelo, a palma da man, a pel da cara... todo para diferenciar as diferentes texturas que temos no noso corpo. De seguido pasouse ao sentido do olfacto. Os rapaces e rapazas puideron diferenciar varios olores como o do eucalipto, a menta ou a lavanda.
O terceiro sentido que se abordou foi o do gusto. Este foi un dos sentidos que máis expectación espertou entre os cativos/as xa que puideron saborear diferentes produtos. Primeiro, os rapaces probaron algo ácido como é o limón. O segundo sabor que tiveron que destinguir foi o amargo, para elo comeron un pedazo de chocolate sen azucre. Tal e como explicou a técnica da Aula da Natureza o cacao é un produto amargo. Por iso o chocolate sen azucre sabe amargo. En terceiro lugar probaron algo sen sabor. Para iso os nenos e as nenas comeron un anaco de torta que non tiña nin azucre nin sal. Os últimos sabores en distinguir foron o salgado e o doce. Para iso os rapaces e rapazas probaron un gran de sal e un terrón de azucre. Deste xeito, os nenos e nenas aprenderon a distinguir ácido, amargo, salgado e doce.