Pestanas principais

Arredor de 300 persoas participan na primeira xornada do programa Cultura de Bar

Luns, 11 de xuño de 2012

[11-06-2012] As actuacións que se enmarcan dentro da primeira xornada do programa de Cultura de Bar tiveron moi boa acollida entre a veciñanza amiense. Arredor de 300 persoas achegáronse ata o Mesón Marcos e o Café Ferlós, situados en Bertamiráns, e a Cafetería A Xunta do Medio e ao Bar 89, situados no Milladoiro, para gozar das actuacións musicais do grupo de música folk-rock Duodeno e Loli Nogueira, así como do humor de Celso Sanmartín e Víctor Grande. Esta fin de semana continúa o programa de Cultura de Bar con novas actuacións. En Bertamiráns o programa comeza ás 21:30 h no Ferrenquín coa actuación de Celso Sanmartín, e continúa ás 22:30 h no Alborada coa actuación do Mago Romarís. Mentres que no Milladoiro a partir das 22:00 horas os establecementos O Pilón e Manhattan acollen a actuación de Paul Black, cantautor de música irlandesa.


O programa, chamado Cultura de Bar, que conta co apoio económico da Deputación da Coruña, celebrarase durante catro fins de semana do mes de xuño. Deste xeito continuará o venres 15 tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro. En Bertamiráns o programa de actuacións comeza ás 21:30 h no Ferrenquín coa actuación de Celso Sanmartín. Nesta mesma localidade, ás 22:30 h, no Alborada estará o Mago Romarís. Por outra banda, no Milladoiro a partir das 22:00 horas os establecementos O Pilón e Manhattan acollen a actuación de Paul Black, cantautor de música irlandesa.

O programa Cultura de Bar recolle diferentes actividades culturais como contos de tradición oral, actuacións musicais e de maxia, humor, monólogos, etc. Outros artistas que teñen confirmada a súa participación e que se estrearán o día 22 de xuño son Pepo Suevos, polifacético actor, cómico e contacontos que participa na serie “Matalobos” e Miguel Alonso, cantautor en galego.

No programa participan 8 locais de Bertamiráns (Ferlós, New York, Ferrenquín, Meigas, Alborada, Koptel, Marcos e A Charca) e outros 8 do Milladoiro (O Pilón, Manhattan, Galway, 89, A Xunta do Medio, Premium, II Ritrovo, Babia). Coa intención de facer máis atractivo o programa de Cultura de Bar os establecementos hostaleiros que participan nesta iniciativa estableceron a denominada “Tarifa plana 1€”, que consiste en que estes locais ofrecerán unha variedade de cada un dos produtos (auga, infusión, café, caña/clara e viño) ao prezo de 1 euro. A marca da bebida servida baixo esta tarifa especial será elixida por cada establecemento e será aplicada durante todos os días que se desenvolva o programa Cultura de Bar.


Arredor de 300 persoas participaron na primeira xornada de Cultura de Bar. En Bertamiráns o Mesón Marcos acolleu a actuación do grupo de música folk-rock Duodeno. Este conxunto, que está formado polos músicos de longa traxectoria Duco e Micki, veñen de estrear esta nova formación musical. Nesta mesma localidade, no Café Ferlós estivo Loli Nogueira, participante do programa televisivo “Tú sí que vales”, que estivo acompañada polo músico Paco Cerdeira e que congregou a un bo número de seguidores.

En ambas as dúas actuacións houbo un gran número de persoas que puideron gozar desta dúas citas musicais. Por outra banda, no Milladoiro, houbo dúas sesións de monólogos. O contador de historias, Celso Sanmartín, como é habitual nel conseguiu facer rir a esgalla ás persoas que se achegaron ata a Cafetería A Xunta do Medio. As mesmas risas puidéronse escoitarse no Bar 89 coas historias e cancións un pouco subidas de ton que forman parte do espectáculo do humorista Víctor Grande.