[12-07-2012] Xornadas para iniciarse na Internet, un curso de iniciación a Windows e ao procesador de textos Writer, un obradoiro de elaboración de diapositivas de Entroido, un curso de iniciación as follas de calculo, un curso de procura de emprego na rede, e un obradoiro de mecanografía para nenos/as son algunhas das actividades que a Aula de Informática do Milladoiro ofertou durante o primeiro semestre de 2012. Nestes obradoiros participaron arredor de 120 usuarios/as repartidos en grupos de mañá e tarde. Durante estes seis meses tamén se organizaron unhas xornadas de iniciación á Internet para os usuarios/as da Escola Integral de Maiores. Entre o 2 de xullo e o 17 de agosto ofrecerase o servizo de Aula Aberta en horario de mañá, das 10:00 h. ás 13:00 horas.
A Aula de Informática do Milladoiro está a disposición de todos os veciños/as que desexan ter acceso a un ordenador para consultar o correo electrónico, ler os xornais dixitais ou levar a cabo diferentes actividades do seu interese. O principal obxectivo deste servizo é inserir a veciñanza amiense na sociedade da información. A Aula de informática acolleu unha serie de obradoiros que se programan de forma trimestral, agás nos meses de verán que funciona exclusivamente como Aula aberta en horario de mañá das 10:00 ás 13:00. Estes obradoiros e xornadas destínanse a sectores poboacionais establecidos por idade.
Normalmente, os obradoiros dispoñen de 40 horas en sesións de dúas horas de luns a venres, e outras de sete horas e media, de hora e media diaria ao longo da semana. Os cursos teñen unha duración de 40 horas e ofértanse dúas quendas, unha de mañá entre as 10:00 h. e as 12:00 h. e outra de tarde entre as 19:00 e as 21:00 horas. As actividades de adultos fanse en horario de mañá pensando, por exemplo, naquelas persoas que poidan aproveitar o tempo dos fillos no colexio, e de tarde para os nenos e nenas, aproveitando a fin da xornada escolar. Ao remate entregouse un certificado de asistencia ás persoas que acudiron a clase de xeito regular.
As actividades e cursos que se realizaron este ano foron unhas xornadas de iniciación á internet en xaneiro, un obradoiro de elaboración de diapositivas de Entroido no mes de febreiro, un curso de iniciación a Windows e ao procesador de textos Writer en marzo, un curso de procura de emprego na rede en abril, un curso de iniciación as folla de calculo durante o mes de maio, e un obradoiro de mecanografía para nenos/as a final do mes de xuño. Ademais, entre os meses de xaneiro e xuño desenvolveuse un obradoiro de iniciación á Internet para os usuarios/as da Escola Integral de Maiores. Ao conxunto dos obradoiros asistiron arredor de 120 persoas.
Servizo de Aula Aberta
Por outra banda ofrécese o servizo de Aula Aberta, habitualmente entre as 16:00 e as 20:00 horas, do que poden facer uso dos ordenadores todas as persoas que estean empadroadas no concello. Durante os meses de verán este servizo cambia de horario. Deste xeito, entre o 2 de xullo e o 17 de agosto ofrecerase en horario de mañá, das 10:00 h. ás 13:00 horas. Posteriormente, entre o 20 de agosto e o 18 de setembro a aula de informática do Milladoiro permanecerá pechada por vacacións do persoal.
Para poder empregar o servizo de Aula Aberta só hai que cubrir unha ficha cos datos persoais e entregar unha fotografía coa que facer o seu carné de usuario. A persoa encargada da aula dálles un número de usuario/a e explícalles as normas. Os usuarios/as poden daquela empregar os ordenadores da aula para o que precisen, como consultar o correo electrónico, ler o xornal, xogar ou procurar información. Ante calquera dúbida poden preguntar o que desexen á persoa responsable. Tamén poden acudir usuarios cos seus ordenadores portátiles persoais a resolver as dúbidas que teñan no manexo da informática.





