Venres, 07 de abril de 2017
[07-04-2017] O Concello de Ames, a través da concellaría de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, informa de que se está arranxando unha avaría no deposito de auga do Bosque Animado. Debido a iso durante a maña deste venres, 7 de abril, quedarán sen abastecemento de auga algunhas das aldeas da parroquia de Ames (Proupín, Lamas, etc) e mailo CEIP de Barouta. Dende o goberno municipal pídense desculpas polas molestias ocasionadas e indican que se intentará arranxar dita avaría o antes posible.




